Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 20 mozos poderán traballar ou facer prácticas tecnolóxicas en Europa con axuda da Cámara da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 20 mozos poderán traballar ou facer prácticas tecnolóxicas en Europa con axuda da Cámara da Coruña

S. P.
Publicado: 24/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mozo_portatil_ordenador_computador_traballo_teletraballo.jpgA Cámara de Comercio da Coruña ofrece axudas a mozos e mozas de entre 18 e 29 anos que queiran realizar prácticas ou optar a un contrato laboral en países de Europa. Unhas axudas que cubren postos tecnolóxicos (entre outros) e que se enmarcan no Plan de Mobilidade da Cámara. O obxectivo é “capacitar á xuventude que resida en calquera dos municipios da demarcación cameral, impulsar a súa formación e recuperar ese talento para contribuír ao impulso da economía da Coruña e a súa área de influencia”.
O plan contempla 20 axudas e conta cun orzamento de 72.000 €. As axudas artéllanse en dúas liñas, unha para a realización de prácticas no estranxeiro e outra para a favorecer a contratación dos mozos nestes países.
Os mozos seleccionados para realizar unha mobilidade transnacional recibirán un apoio económico como contribución aos gastos de viaxe e manutención durante o período de formación práctica no estranxeiro. Financiaranse estadías de 3 meses con axudas que oscilan entre os 2.000 € e os 2.500 € dependendo do custo de vida do país destino) ou de 6 meses, podendo alcanzar neste caso os 5.000 € en axudas.
Pola súa banda, os mozos que viaxen con contrato laboral ao estranxeiro recibirán unha axuda para sufragar os gastos de transporte que oscilan entre os 180 €e os 820 €, dependendo do país de destino e da distancia á que este se atope da Coruña.
En 2022, no marco deste programa, 10 países teñen ofertas de contrato laboral ou en prácticas. Trátase de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, Malta, Portugal, Reino Unido e República Checa. Francia, con 35, é o país con máis ofertas. Séguenlle Bélxica, con 15 e Reino Unido, con 9.
En total hai 77 ofertas repartidas na modalidade de prácticas e na de contrato laboral con ofertas “moi diversas”, segundo explica a entidade cameral, como asistente de comunicación, transformación dixital, asistente de dirección, asistente de comercio internacional, arquitecto, community manager, secretario ou barman, entre outros.
O prazo de solicitude ficará aberto ata o 15 de decembro de 2022 ou ata cubrir prazas. Máis información no 981 216 072 ou escribindo a movilidad@camaracoruna.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?