Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN volverá repartir premios entre os empregados públicos máis innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN volverá repartir premios entre os empregados públicos máis innovadores

S. P.
Publicado: 26/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Patricia Argerey, directora de GAIN, nunha imaxe de arquivo
Patricia Argerey, directora de GAIN, nunha imaxe de arquivo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres 26 de agosto as bases e convocatoria da cuarta edición do Premio Empregados/as Públicos/as Innovadores/as. Lanzado pola Axencia Galega de Innovación que dirixe Patricia Argerey, o obxectivo do premio é “recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal empregado público que fai posible unha Administración autonómica máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía”. Na anteriore edición resultaron distinguidos un sistema de Intelixencia Artificial para acadar máis eficiencia no eido educativo e un software dirixido a acadar un ámbito teatral máìs inclusivo.
Poderá presentarse a este certame todo o persoal funcionario e laboral ao servizo das seguintes entidades do sector público autonómico: a Administración Xeral da Comunidade Autónoma, as entidades públicas instrumentais (organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais e consorcios autonómicos), así como as universidades públicas galegas.
O certame consta de dúas categorías: identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro da Administración, na que se deberá identificar unha problemática nun servizo prestado á cidadanía e motivar a necesidade e interese da súa resolución; e proxecto coa temática máis innovadora xa realizado ou en curso, na que os participantes deberán describir o proxecto (proceso, puntos fundamentais e carácter innovador). Os galardóns están dotados con 2.000 euros para quen gañe individualmente e 3.000 euros para quen gañe cunha candidatura grupal de ata 3 persoas.
As candidaturas deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ata o 30 de setembro.
Premiados en edicións anteriores
Na última edición, a de 2021, premiouse un traballo para a mellora na eficiencia do sistema educativo galego co emprego de sistemas de Intelixencia Artificial, así como un software para realizar un teatro máis inclusivo.
No ano 2020 resultaron premiados un proxecto do Laboratorio de Consumo de Galicia para o desenvolvemento dunha aplicación móbil para mellorar o labor de inspección e control dos produtos á venda no mercado e unha iniciativa de Augas de Galicia centrada na xestión avanzada dos recursos hídricos galegos.
Na primeira edición, en 2019, resultaron premiados proxectos centrados no uso de coches compartidos na Administración autonómica; a utilización de impresión 3D no Laboratorio de Consumo e un sistema de mellora de procesos e fluxos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?