Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e AMTEGA organizan unha nova edición do curso de análise forense en redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e AMTEGA organizan unha nova edición do curso de análise forense en redes

S. P.
Publicado: 26/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ceptig_curso-2022-768x538.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) segue a dar pasos relevantes en materia de formación e intercambio de coñecemento arredor da confluencia entre TIC, xustiza e investigación policial. Así, co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e seguindo o ronsel da exitosa experiencia do ano pasado, o colexio lanzou unha nova edición do seu curso de análise forense en redes e resposta ante incidentes, no marco das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
O obxectivo, en palabras do CPEIG, é poñer o foco “nunha temática de máxima actualidade” e mostrar e debullar ante os asistentes as ferramentas para detectar, adquirir e preservar evidencias dixitais. Tamén se lles amosasrán conceptos nos que se basea a análise forense dixital en redes. Ademais, incidirase nos distintos tipos de ciberincidentes e como proceder cando se detectan tendo en conta as súas características diferenciais desde a visión dun experto na materia.
O curso estará dividido en catro sesións de 5 horas cada unha a desenvolver os días 9,10, 16 e 17 de setembro (en horario de 16:00 a 21:00 horas os venres e de 09:00 a 14:00 os sábados).
Perfil, prezo e vantaxes de ser colexiado do CPETIG
O custo desta formación, aberta a todos os perfís relacionados coa Informática e a Enxeñería Técnica Informática, o hipersector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), cargos de responsabilidade en seguridade, auditoras, consultoras, e en definitiva calquera profesional con interese na materia, é de 200 euros. Porén o CPETIG ofrece aos seus colexiados, aos do CPEIG e máis o persoal da AMTEGA, a posibilidade de asistir e obter os coñecementos impartidos de balde, introducindo un código interno que será facilitado por canles propias do colexio.
Ademais, este curso é válido para o acceso ao Corpo Oficial de Peritos do propio CPETIG.
Contidos do curso
As 20 horas lectivas desta formación repartiranse nas seguintes áreas formativas: análise forense de rede; fontes de evidencia; metodoloxía ÓSCAR; topoloxías típicas de rede; conceptos de switching e routing; ataques de rede; despregamento de infraestrutura necesaria; ferramentas de captura de rede: Suite Wireshark; TCPFlows: Ntop-ng e Argus; despregamento de infraestrutura de IDS: snort, suricata, bro e Wazuh; ferramentas de monitoraxe de tráfico; Security Onion; intercepción, captura e análise de protocolos; exfiltración de información; fontes de evidencia: devasas, proxies, WAFs e casos prácticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?