Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Aulas Tecnópole achegarán experiencias aeroespaciais a rapazas e rapaces de 11 a 18 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Aulas Tecnópole achegarán experiencias aeroespaciais a rapazas e rapaces de 11 a 18 anos

S. P.
Publicado: 29/08/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aula_tecnopole_3.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) está a ultimar os detalles da nova edición das súas Aulas Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 11 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse desde o día 2 ata o 30 de setembro, As Aulas Tecnópole achegarán experiencias aeroespaciais a rapazas e rapaces de 11 a 18 anos
O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) está a ultimar os detalles da nova edición das súas Aulas Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 11 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse desde o día 2 ata o 30 de setembro, a través da páxina web do Parque. Segundo informou a dirección do parque, fíxose un esforzo especial este ano por “reinventar as Aulas Tecnópole, aproveitando as instalacións da Aula Newton, polo que as actividades vanse centrar no eido aeronáutico e aeroespacial”.
aula_tecnopole_2.jpgAs Aulas Tecnópole, que este ano alcanzan a súa décimo terceira edición, están pensadas para “espertar vocacións científicas” e “incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado”, poñendo of oco en achegar o ámbito STEM á rapazada do rural, informan fontes do Parque Tecnolóxico, engandindo que.”as prazas están limitadas a 45 asistentes”. A cota mensual é de 15 €, que inclúe ademais o transporte desde varios puntos da cidade de Ourense.
Como novidade, habilitararase un autobús desde Allariz para recoller aos participantes da contorna.
O alumnado trasladarase unha tarde por semana a Tecnópole, os xoves de 17:00 a 19:00 horas, durante os meses de outubro de 2022 a maio de 2023. Unha vez alí disporán das instalacións e recursos do Parque Tecnolóxico de Galicia para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características.
Os participantes nesta experiencia, todos eles de Secundaria e Bacharelato, “reciben formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto, explicou a Tecnópole, engadindo que “terán a ocasión de presentar os seus proxectos en diferentes feiras científicas de ámbito nacional como Exporecerca Jove en Barcelona ou Open Science en Cambre”.
a través da páxina web do Parque. Segundo informou a dirección do parque, fíxose un esforzo especial este ano por “reinventar as Aulas Tecnópole, aproveitando as instalacións da Aula Newton, polo que as actividades vanse centrar no eido aeronáutico e aeroespacial”.
As Aulas Tecnópole, que este ano alcanzan a súa décimo terceira edición, están pensadas para “espertar vocacións científicas” e “incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado”, poñendo of oco en achegar o ámbito STEM á rapazada do rural, informan fontes do Parque Tecnolóxico, engandindo que.”as prazas están limitadas a 45 asistentes”. A cota mensual é de 15 €, que inclúe ademais o transporte desde varios puntos da cidade de Ourense.
Como novidade, habilitararase un autobús desde Allariz para recoller aos participantes da contorna.
O alumnado trasladarase unha tarde por semana a Tecnópole, os xoves de 17:00 a 19:00 horas, durante os meses de outubro de 2022 a maio de 2023. Unha vez alí disporán das instalacións e recursos do Parque Tecnolóxico de Galicia para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características.
Os participantes nesta experiencia, todos eles de Secundaria e Bacharelato, “reciben formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto, explicou a Tecnópole, engadindo que “terán a ocasión de presentar os seus proxectos en diferentes feiras científicas de ámbito nacional como Exporecerca Jove en Barcelona ou Open Science en Cambre”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?