A problemática xerada polo aumento das adiccións ligadas a un mal uso das novas tecnoloxías, principalmente entre vas novas xeracións, unida ao incremento do cibercrime, están na base de múltiples programas e accións formativas que nos axudan a acadar navegacións seguras e útiles. A Asociación Vieiro imparte este luns 29 unha actividade encadrada nesta liña: na liña de concienciarnos sobre os riscos dun mal uso das novas tecnoloxías, sobre os posibles delitos dos que podemos ser obxecto e sobre as medidas que podemos aplicar para previr o uso problemático da Internet e das redes sociais.
Trátase dun curso formativo dirixido aos/ás profesionais da Asociación ASPABER de Carballo, acto que ten lugar na Brea, nas instalacións desta entidade.
O obradoiro, que leva por título Mar de Redes, tratará sobre o uso seguro das novas tecnoloxías. Como dixemos, afondarase en dotar de coñecementos básicos aos/as profesionais sobre o mundo dixital e as ferramentas tecnolóxicas que máis se utilizan, poñendo o foco na nenez e na adolescencia.
A formación será impartida pola profesional de Vieiro: Dalila Vizcaíno Regueira.
A Asociación Vieiro mostra en Carballo como acadar navegacións seguras
Compartir Este Artigo

