Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Portocabo agarda repetir o éxito de Rapa en Movistar Plus+ coa súa segunda tempada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Portocabo agarda repetir o éxito de Rapa en Movistar Plus+ coa súa segunda tempada

S. P.
Publicado: 30/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20220830_segundatemporadarapa.jpgMalia que xa se viña anunciando dende hai meses, este 30 de agosto deuse a confirmación definitiva á segunda tempada da serie galega Rapa (Portocabo) para a plataforma de streaming Movistar Plus +. Segundo avanzaron este martes o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e máis o director da axencia autonómica AGADIC, Jacobo Sutil, os días vindeiros materializarase o regreso a Ferrolterra do equipo comandado pola produtora galega Portocabo para a filmación dos novos episodios cos que se agarda repetir o éxito da primeira entrega.
Tamén confirmaron (nunha xuntanza con Alfonso Blanco, director xeral da produtora), que a segunda temporada da serie será apoiada novamente pola Xunta a través do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual con 300.000 euros.
Desta volta, agárdase superar as cifras acadadas pola primeira temporada de Rapa, cuxo gasto na nosa Comunidade situouse arredor dos 4,2 millóns de euros, investimento que á súa vez implicou un retorno económico directo e indirecto de 5,6 millóns de euros e a creación de 85 empregos en termos equivalentes anuais.
Creada por Pepe Coira e Fran Araújo, o primeiro paquete de capítiulos de Rapa converteuse na mellor estrea da temporada en Movistar Plus+. A cidade de Ferrol será o escenario principal desta nova entrega da serie, que volverán protagonizar Mónica López, como Maite, e por Javier Cámara, como Tomás.
Con esta adxudicación, a segunda temporada da serie convértese no terceiro proxecto beneficiario da segunda convocatoria do fondo para a captación de rodaxes, sumándose á tamén segunda temporada da miniserie Operación Marea Negra, de Ficción Producciones para Prime Video, e mais ao filme Amigos hasta la muerte, das produtoras Undodez e Medio Limón, que xa se están a gravar en distintas localización galegas. Na primeira quenda, as propostas adxudicatarias foron Argonautas e a primeira entrega de Rapa, ambas de Portocabo; Hasta el cielo, de Vaca Net TV, e 13 exorcismos, de Bambú Producciones.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?