Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN impulsará a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN impulsará a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos

S. P.
Publicado: 30/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

argerey_pasatempo_betanzos.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, deu a coñecer que a entidade que dirixe vai favorecer a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos. Farao a través da segunda edición do programa de Doutoramento Industrial co que a Administración autonómica promove a cooperación entre empresas, centros tecnolóxicos e centros de coñecemento en proxectos orientados ás necesidades do tecido empresarial. Achegou esta información durante unha visita (este 30 de agosto) ao Parque do Pasatempo de Betanzos, que está a ser posto en valor pola empresa Parteluz (beneficiaria da primeira edición).
Argerey dixo que o programa Doutoramento Industrial, que chega á súa segunda edición, é unha iniciativa conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Mediante esta convocatoria, a Administración autonómica investirá 1,89 millóns de euros para apoiar a contratación de 15 doutorandos do sistema universitario galego en empresas e centros tecnolóxicos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia para que poidan desenvolver a súa tese nunha contorna empresarial.
Segundo subliñou, este programa enmárcase “na aposta da Xunta polo talento e o emprego de calidade”, e “trata de posicionar Galicia como destino atractivo para o desenvolvemento da carreira investigadora”. Búscase así promover a colaboración e transferencia de coñecemento, potenciar a formación de mozos e mozas investigadores e posibilitar a súa incorporación ás empresas e centros tecnolóxicos, así como fortalecer a vinculación entre as empresas e universidades galegas.
A primeira convocatoria de Doutoramento Industrial xa permitiu a contratación de 15 estudantes de doutoramento.
O programa, sinalou Argerey, busca apoiar o I+D empresarial, “xa que grazas a esta convocatoria o sector privado pode incorporar investigadores, reforzando así o talento, o emprego de calidade, a mobilidade dos investigadores desde as universidades á empresa, e a transferencia de coñecementos e resultados da investigación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?