A Cámara de Comercio da Coruña fixo balance da súa actividade en materia de emprego xuvenil, unha liña de traballo marcada pola formación e empregabilidade tecnolóxica. Segundo informou, preto 1.000 mozos menores de trinta anos atoparon un posto de traballo desde o ano 2015 no marco do Plan de Capacitación do Programa PICE da Cámara da Coruña, que ofrece oportunidades profesionais a mozos maiores de 16 anos e menores de 30 que non se atopen ocupados nin se estean formando.
No balance indícase que desde o seu nacemento en xaneiro de 2015 e ata a data, preto de 3.700 mozos déronse de alta no Plan de Capacitación do Programa PICE. Desa cifra, case 3.550 recibiron orientación profesional, sinala o balance, engadindo que os mozos rexistrados participaron en preto de 4.000 actividades formativas neste período de tempo e máis de 300 empresas recibiron axudas para a contratación de mozas por un valor de 1.525.000€. Os datos de balance reflicten unha taxa de inserción superior ao 30%.
No que vai de ano, 330 alumnos participaron na programación formativa da entidade cameral. A partir de setembro, a formación presencial que ofrece a Cámara inclúe cursos relacionados con deseño e desenvolvemento de páxinas web, maquillaxe profesional, auxiliar de almacén, fotografía, mercadotecnia dixital ou deseño de videoxogos.
Canto á formación online, abrangue unha manchea de actividades formativas nas áreas de sanidade, administración e xestión, comercio e mercadotecnia, competencias dixitais, educación, electricidade e electrónica ou recursos humanos, entre moitos outros ámbitos.
A entidade ofrece tamén cursos de idiomas con certificación oficial.
Prosegue a formación TIC da Cámara da Coruña, que xa axudou a máis de 1.000 mozos a atopar emprego
Compartir Este Artigo

