Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es pon en marcha 7 novas Oficinas Acelera PEME galegas para impulsar a transformación das empresas no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es pon en marcha 7 novas Oficinas Acelera PEME galegas para impulsar a transformación das empresas no rural

S. P.
Publicado: 31/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usuario_tableta_computador_ordenador_mozo.jpgRed.es, entidade pública empresarial adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, vén de facer pública a resolución da convocatoria de axudas para continuar co proceso de creación da rede de Oficinas Acelera PEME por todo o territorio nacional, poñendo o foco en zonas rurais. Desta volta foron beneficiadas 58 entidades, entre as que se inclúen asociacións profesionais e empresariais, colexios profesionais, centros tecnolóxicos, administracións rexionais ou locais, entre outras. Presentáronse a este convocatoria un total de 96 solicitudes. Das ditas 58 entidades, sete son galegas.
O obxectivo destas axudas é chegar a municipios con poboacións inferiores a 20.000 habitantes e impulsar alí “a adopción de tecnoloxías dixitais por parte das súas pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e emprendedores”.
Acelera PEME é un programa que busca axudarlles na súa transformación dixital e, con iso, “fomentar a transformación da economía e da sociedade cara a unha contorna dixital, contribuíndo ao mantemento da poboación rural no contexto do reto demográfico”.
Trátase dunha das medidas enmarcadas na Axenda España Dixital 2026 e no Plan de Dixitalización de PEME que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O orzamento dos proxectos subvencionados na convocatoria é de 27,1 millóns de euros, dos cales Red.es achegará 21,1 millóns de euros e as entidades beneficiarias o resto. A convocatoria está co-financiada con fondos Next Generation da Unión Europea e o importe das axudas para cada unha das oficinas oscila entre 300.000 e 410.000 euros para 2 anos, o que supón como máximo o 80% do orzamento do proxecto.
As oficinas Acelera PEME que se crearán en virtude desta convocatoria estenderanse por 16 comunidades autónomas conforme á seguinte distribución: Andalucía: 10; Aragón: 2; Asturias: 1; Illas Baleares: 2; Canarias: 5; Cantabria: 2; Castela-A Mancha: 3; Castela e León: 7; Cataluña: 6; Comunidad de Madrid: 1; Comunidade Valenciana: 3; Estremadura: 2; Galicia: 7; Murcia: 2; Comunidade Foral de Navarra: 2 e Euskadi: 3.
Todas as oficinas disporán tanto dun punto físico como virtual para a resolución de dúbidas aos usuarios nos seus procesos de transformación dixital e para a realización de accións de sensibilización e apoio neste ámbito.
Estas 58 oficinas únense ás 85 postas xa en marcha por Red.es a través dun Convenio con Cámara de España e dunha convocatoria de axudas lanzada previamente. En total, o investimento en Oficinas Acelera PEME ascende a 45,1 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?