A Asociación Compostela Monumental informou do inicio dun curso que mostra ás persoas asistentes como empregar as redes sociais para promoverse laboral e empresarialmente: o curso en liña Marca persoal e procura de emprego, de dez horas de duración e abeirado ao itinerario de formación do Programa Integrado de Emprego de Galicia da Asociación de Comerciantes, CCA Compostela Monumental, con financiamento da Xunta.
Rematará o día 16 de setembro có seguinte programa lectivo abordando cuestións como que é marca persoal e os porqués de que sexa necesaria, como potenciar a marca persoal, como xestionala (con networking a través das redes sociais), cales son os exemplos máis destacados de marca persoal, como procurar emprego das novas tecnoloxías da información e as redes sociais, cales son os ferramentas tecnolóxicas principais de acceder ao mercado de emprego, como se usa o portal Infojobs e cales son os máis axeitados portais e aplicacións que están hoxe operativos na Rede. Os contidos serán impartidos por Teresa Hernández Armentia, tecnica de Orientación Laboral de Compostela Monumental.
Compostela Monumental mostra os segredos das principais ferramentas TIC para xestionar a marca persoal
Compartir Este Artigo

