Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SISTEDES pon o foco no importante talento tecnolóxico feminino galego e estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SISTEDES pon o foco no importante talento tecnolóxico feminino galego e estatal

S. P.
Publicado: 07/09/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

xornadas_usc_sistedes_08.jpgEsta semana, ata hoxe mércores, estase a celebrar en Santiago o congreso SISTEDES-2022, impulsado dende o CiTIUS (Universidade de Santiago). Na inauguración, celebrada este luns 5, participaron o reitor Antonio López, o co-presidente do comité organizador do evento e profesor da USC, José M. Cotos Yáñez, e máis o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen destacaron que ámbalas dúas entidades (USC e Deputación) comparten o obxectivo de “atraer e reter talento en Galicia” e de poñer o foco en visualizar o importante traballo investigador das mulleres. Esta vontade de afianzar a canteira tecnolóxica da nosa terra e mostrar os achados tecnolóxicos femininos foi tamén un dos obxectivos de SISTEDES.
O congreso da Sociedade de Enxeñaría de Software e Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software é un encontro de carácter anual centrado en tres grandes áreas da informática: Enxeñaría de Software e Bases de datos, Ciencia e Enxeñaría de Servizos, e Programación e Linguaxes. As xornadas, organizadas polo grupo de Gráficos por Computador e Enxeñaría de datos do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), reúnen estes días a 250 integrantes dos grupos de investigación máis importantes das universidades españolas, así como a alumnado e representantes de empresas e sector público.
O acto inaugural estivo presidido polo reitor Antonio López, quen salientou o rol do CiTIUS como “exemplo de investigación no eido da investigación en tecnoloxías intelixentes”. O reitor subliñou que un dos retos ante os que se atopa a Universidade consiste en “trasladar o coñecemento á realidade, ás empresas” e así poder “xerar riqueza e mellorar as condicións de vida dos e das cidadáns”. Antonio López tamén dedicou parte da súa intervención a reivindicar “perspectiva de xénero nas disciplinas STEM”, eido no que “temos camiño por percorrer”, dixo.
Nesta mesma liña, pronunciouse o co-presidente do comité organizador do congreso e profesor da USC, José M. Cotos Yáñez, quen tamén salientou a necesidade de “outorgar visibilidade ás mulleres neste ámbito”, matizou. Neste punto encadráronse as mostras que puideron visitarse no congreso e que levan por título Pioneiras científicas e Científicas cerca de ti.
Pola súa banda, o presidente da Deputación cualificou o congreso como “un espazo no que se concentra talento nacional e internacional, que fomenta a posta en común e o intercambio científico” e destacou a importancia de “atraer e reter talento en Galicia, que o hai e moito”. O presidente provincial explicou que “para nós é imprescindible visualizar o voso traballo, transmitirvos o noso agradecemento e darvos a relevancia e o recoñecemento que merecedes porque sodes a luz e a guía deses rapaces e rapazas que aspirarán a quedarse a traballar na súa casa, na súa contorna familiar, e non ter que ver medrar a sangría que suma xa a 87.000 rapaces de menos de 35 anos que se foron deste país e que xa só ven Galicia como un territorio ao que volver no Nadal”.
Amais de López, Cotos e González participaron no acto inaugural o presidente de SISTEDES e catedrático da Universidade de Sevilla, Antonio Ruiz Cortés; o vicepresidente de SISTEDES, Juan Hernández; e a directora xeral de estratexia de Plexus Tech, Silvia Fraga.
Simposio anual de tres xornadas
xornadas_sistedes_14.jpg O simposio arrincou o luns 5 de setembro no Hotel OCA Porta do Camiño ás 9:00 co acto de apertura oficial. Ao longo do evento estanse a presentar 154 traballos científicos perante a comunidade investigadora.
O simposio inclúe tres conferencias plenarias (unha por área), a cargo de reputados investigadores de talla internacional: Robert Feldt (JISBD), profesor de Enxeñaría de Software na Universidade Tecnolóxica de Chalmers, Gotemburgo (Suecia); Uwe Zdun (JCIS), profesor de arquitectura de software na Facultade de Informática da Universidade de Viena (Austria); e Manuel Hermenegildo (PROLE), profesor da Universidade Politécnica de Madrid e investigador distinguido no Instituto IMDEA-software.
Así mesmo, as xornadas contan tamén co respaldo do sector e co apoio de empresas tecnolóxicas como Accenture, Plexus Tech e Televés (principais patrocinadoras) e o Clúster TIC Galicia.
As xornadas SISTEDES levan realizándose de maneira ininterrompida con este formato desde o ano 2001, En palabras do CiTIUS, son “un referente e constitúen un punto de encontro esencial a nivel nacional entre a comunidade española que traballa nas áreas de Enxeñaría do Software e as Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software”. Trátase, engade o centro compostelán, “dun espazo para a posta en común e o intercambio científico”, auspiciado por la homónima Sociedade de Enxeñaría de Software e Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software (SISTEDES); unha asociación sen ánimo de lucro creada co principal obxectivo de contribuír ao desenvolvemento científico e tecnolóxico a nivel estatal na área da Enxeñaría do Software e as Tecnoloxías de Desenvolvemento de Software, así como de promover a investigación, a innovación e a transferencia de tecnoloxía entre a academia e a empresa, para o avance destas disciplinas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?