Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova Lei do Audiovisual, a debate na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o día 15
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova Lei do Audiovisual, a debate na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o día 15

S. P.
Publicado: 08/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas-audiovisual-redes4.jpgO Grupo de investigación de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela e a Mesa pola Normalización Lingüística colaboran na organización da xornada Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas, un encontro programado para este xoves 15 de setembro en Compostela, no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
A xornada, que achegará unha lectura crítica do novo texto normativo publicado este mes de xullo, congrega persoal investigador en materia de comunicación e políticas públicas, profesionais do audiovisual e representantes das entidades de defensa das linguas minorizadas da contorna estatal nun foro aberto á comunidade universitaria e á cidadanía, para o que non é preciso inscrición previa. O tratamento das distintas linguas oficiais na Lei, a consideración das producións independentes, o seu financiamento e o establecemento de cotas nas diferentes pantallas serán algúns dos tópicos sometidos a exame.
A coordinadora do GEA, Margarita Ledo Andión, abrirá ás 10.00 horas este foro cuxo programa completo está dispoñible en liña. Dende o ámbito académico, o encontro contará tamén coas intervencións de Ramón Zallo, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco, e de Antía López Gómez e María Soliña Barreiro González, investigadoras e docentes da USC.
Marcos Maceira Eiras, da Mesa pola Normalización Lingüística; Francesc Marco Palau, da Plataforma per la Llengua; e Paul Bilbao Sarria, de Kontseilua conversarán sobre o audiovisual como un sector estratéxico do punto de vista lingüístico, cultural e económico e debullarán aqueles puntos “nos que a Lei non atende demandas feitas dende a contorna estatal para preservar a diversidade lingüística e cultural no eido audiovisual”, avanzan, engadindo que entre as principais demandas a revisar inclúense propostas como a Iniciativa Xabarín, destinada a garantir a presenza de galego na programación infantil e nos novos contidos achegados nas novas plataformas, ou a Iniciativa polo galego no audiovisual, que tentou impulsar modificacións na Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, que contaron tamén coa participación do GEA.
As xornadas incluirán, ademais, unha mesa redonda arredor do estado xeral do audiovisual en Galicia que reunirá a Uxía Caride, da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Lidia Fraga, da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e Iria Taibo, da Asociación Galega de Profesionais de Tradución e da Interpretación (AGPTI).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?