Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As artistas do programa de talentos musicais Descúbreas enchen as plataformas coas súas composicións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As artistas do programa de talentos musicais Descúbreas enchen as plataformas coas súas composicións

S. P.
Publicado: 08/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

descubreas_noticias-sl.jpgO proxecto de talento musical feminino Descúbreas, impulsado pola Deputación de Pontevedra, vai deixar este verán unha fonda pegada na Rede. Será co lanzamento nas plataformas dixitais dos temas das oito rapazas que reciben asesoramento e formación na segunda convocatoria de Descúbreas. Todas as pezas están xa dispoñibles para o público nas principais plataformas dixitais de streaming de audio e vídeo. Este 8 de setembro foi a estrea das dúas últimas composicións da factoría Descúbreas 2022: Despiértate, de Caro, e Cosas de Descartes, de Amparo.
Caro (Carolina Lemos) reflexiona no seu debut Despiértate sobre as inseguridades dunha persoa adolescente que se ten que enfrontar á decisión, á hora de formular o seu futuro máis inmediato, de seguir os seus soños ou polo contra ir cara ao seguro.
Amparo estréase de xeito profesional na industria musical co tema Cosas de Descartes, malia que leva anos recibindo formación musical e interpretativa: de feito, xa ten participado en varios musicais, acadando nalgúns deles a responsabilidade de dirixir as coreografías.
Marina Vigo foi a primeira participante en estrear o seu tema como integrante da banda Cantometrics. Chifro é unha proposta que recupera o arquivo sonoro de Alan Lomax substituíndo o chifre pola gaita, acompañada de marimba, acordeón e percusións. Pola súa banda, Silencio é o título do tema de Sara Casas, un clamor pola necesidade de buscar a harmonía vital, de conectar coa natureza de forma espiritual e consciente. Sara Baños forma coa tamén viguesa María Lago a banda Todo mal, que gravaron no marco de Descúbreas o seu sinxelo Guiri en mi ciudad. A Riso é o nome artístico de Alba Nogueira, que acaba de estrear no marco de Descúbreas o seu tema I eu?, un canto á resistencia e á loita pola defensa dunha voz propia para as mulleres no ámbito das artes. Impuntual é o título do tema lanzado por María Gabeiras, unha balada pop sobre a manchea de oportunidades que se lle pode dar a unha persoa sen que esta as aproveite. Amais, Ane Swan lanza a súa carreira con só 16 anos e estréase, ademais, cun tema en inglés: Queen among shadows.
A través de Descúbreas, desenvolvido en colaboración con Regalamúsica, a Deputación de Pontevedra actúa para reducir a fenda de xénero na industria musical brindando a oito mozas da provincia a posibilidade de formarse e dar os seus primeiros pasos profesionais neste ámbito. O labor de mentoring inclúe a gravación dun tema e dun vídeo musicais e a planificación e promoción do seu lanzamento real ao mercado e ás plataformas tecnolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?