Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Politécnica de Enxeñaría da USC acolle cursos de cálculo, deseño, electrónica e robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Politécnica de Enxeñaría da USC acolle cursos de cálculo, deseño, electrónica e robótica

S. P.
Publicado: 09/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_politecnica_lugo_afaberta.jpgA Aula de Formación Aberta da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC (Campus de Lugo) presentou unha interesante oferta de formación tecnolóxica para o arrinque deste curso: unha oferta que busca ampliar as competencias do seu alumnado e PDI, ademais de calquera persoa interesada. Trátase de seis cursos presenciais e gratuítos de temática específica que comezarán a desenvolverse nos meses de setembro e outubro e para os que as persoas interesadas xa poden formalizar a súa matrícula en liña a través da ligazón específica habilitada pola aula.
A programación incluída na Aula de Formación Aberta da EPS de Enxeñaría, que conta con financiamento da Vicerreitoría de Organización Académica e da Deputación de Provincial de Lugo, botará a andar o próximo martes 13 de setembro co curso Cálculo científico técnico con Python, que está estruturado en 30 horas. As sesións formativas celebraranse en quenda de tarde, de 16.30 a 19.30 horas, os días 15, 20, 22, 27 e 29 de setembro, e 4, 6, 11 e 13 de outubro.
O curso Deseño CAD 3D con Fusión 360, dirixido especialmente a alumnado e PDI con coñecementos en expresión gráfica, comeza as súas sesións formativas o mércores 14 de setembro. A formación impartida no marco deste programa, cuxas clases terán continuidade os días 16, 19 e 23 de setembro, en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.
O programa da Aula de Formación Aberta da EPS de Enxeñaría pecha as actividades organizadas para o mes de setembro cun módulo de introdución a Arduino, un módulo pensado para o público interesado na electrónica e cuxas clases presenciais desenvolveranse os días 21 e 28 de setembro, e 19 e 26 de outubro, en quenda de 16.00 a 20 horas.
Outubro
O programa complementario de capacitación organizado ao abeiro da Aula de Formación Aberta da EPS de Enxeñaría continuará en outubro con tres novos módulos sobre deseño e fabricación de sistemas mecánicos e placas de circuíto impreso PCBs, ademais dun curso de cogomelos comestibles e velenosos en Galicia.
O programa Deseño e fabricación de placas de circuíto impreso (PCBs), dirixido especialmente a estudantes e PDI do Grao en Robótica, comeza o 3 de outubro, e terá continuidade, en quenda de tarde, de 18.00 a 21.00 horas, os días 7, 10, 14 e 17. O módulo Deseño e fabricación de sistemas mecánicos, unha proposta aberta ao público con espírito argalleiro-tecnolóxico (maker), celebrarase os días 18, 20, 25 e 27 de outubro, 3 e 8 de novembro. As sesións formativas serán en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.
O programa Cogomelos comestibles e velenosos en Galicia, unha proposta coordinada polo catedrático Antonio Rigueiro e organizada en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus, será do 24 ao 28 de outubro, en quenda de 19.00 a 21.00 horas. Esta actividade, aberta á participación do público interesado, rematará o 29 de outubro, cunha saída ao monte para recoller cogomelos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?