Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e AMTEGA impulsan novas formacións nas aulas CeMIT ao servizo da cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e AMTEGA impulsan novas formacións nas aulas CeMIT ao servizo da cidadanía

S. P.
Publicado: 09/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aula_cemit-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), levará a cabo unha serie de cursos de formación á cidadanía sobre os servizos dixitais na Administración, a través dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT). Serán oito xornadas de capacitación tecnolóxica ao servizo da sociedade galega.
Os cursos, que se realizarán nos meses de setembro e outubro, desenvolveranse de forma presencial na rede de aulas CeMIT da Xunta de Galicia e tamén serán retransmitidos en directo por vídeo-conferencia para poder seguilos desde calquera punto unha iniciativa que está encadrada dentro do marco das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
Destinatarios
Tendo en conta que un dos obxectivos desta iniciativa é “mellorar as competencias dixitais da cidadanía para facilitar a súa comunicación e interacción coa administración”, as actividades ofertadas estarán destinadas a todos aqueles cidadáns, maiores de 16, que necesiten ter ferramentas para favorecer a súa inclusión dixital co fin de que as tecnoloxías contribúan a aumentar a súa calidade de vida.
Contidos
O programa de formación organizado no marco do convenio de colaboración asinado entre a AMTEGA e o CPETIG abordará ao longo das oito sesións formativas presenciais (cada unha de dúas horas de duración) diversas temáticas orientadas a que os cidadáns coñezas os principais servizos dixitais que se poden levar a cabo coas institucións públicas.
As actividades, que se celebrarán os martes e xoves nun horario de 18.00h a 20.00h, desde o 13 de setembro, serán impartidas por colexiados e colexiadas do CPETIG con ampla experiencia na Administración Electrónica (eAdministración). As mesmas desenvolveranse de xeito presencial en oito puntos diferentes da comunidade, e retransmitidas en directo coa finalidade “de que cidadáns de todas as provincias poidan obter aquelas competencias dixitais que lle faciliten e melloren a súa relación coas administracións”.
As sesións complementaranse con material de apoio adicional (guías, exercicios, enquisas, lecturas e consultas recomendadas…) que estará dispoñible na Plataforma de Teleformación da Rede CeMIT – EMA asignada ao alumnado.
Datas, lugares e ligazóns
– 13 setembro: As sedes electrónicas e como identificarse ante á Administración. Cuntis, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Zoom
– 15 setembro: O DNI electrónico e a sinatura dixital. A Cañiza, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Zoom
– 20 setembro: A sede electrónica da Xunta de Galicia. Ribadeo, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Boiro, Zoom
– 22 setembro: Trámites tributarios. Guitiriz, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Zoom
– 27 setembro: Trámites tributarios. Santa Comba, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Boiro, Zoom
– 29 setembro: Trámites xerais coa administración. Negreira, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Zoom
– 4 outubro: A miña É-Saude. Leiro, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, O Barco de Valdeorras, Zoom
– 6 outubro: Notificacións da administración. Castro Caldelas, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Zoom
Rexistro
As prazas asignaranse por orde de inscrición, sendo necesario facer un rexistro previo directamente nas ligazóns indicadas no cadro de datas anterior ou na páxina da Rede CEMIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?