Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os principais retos transformadores da provincia de Pontevedra centran este xoves unha xornada de Depoinnova
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os principais retos transformadores da provincia de Pontevedra centran este xoves unha xornada de Depoinnova

S. P.
Publicado: 13/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_depoinnova-900x600.jpgO Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra acollerán este xoves 15 de setembro, a partir das 11.00 horas, unha xornada de traballo na que se presentarán en detalle os retos do programa Depoinnova. Este plan ten como obxectivo explorar as capacidades de colaboración público-privada coa finalidade de resolver os problemas máis complexos aos que se enfronta o conxunto da provincia. O proxecto co-financiarase con fondos europeos a través do Ministerio de Ciencia e Innovación e do PERTE de dixitalización do ciclo da auga do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
As entidades interesadas en achegar propostas de solucións para os retos presentados poden facelo ata o vindeiro 28 de setembro, día no que pechará o prazo ás 10.00 horas. No espazo web do programa pódese atopar toda a información sobre o mesmo, ademais da ligazón na que é posible formalizar a inscrición para asistir a este evento que se desenvolverá de maneira presencial.
Son seis os grandes retos que se presentan a través de Depoinnova: a dixitalización do ciclo da auga, a xestión de residuos e a economía circular, a xestión integral de infraestruturas provinciais, a dixitalización da Administración pública provincial, os programas sociais e de emprego e o Museo de Pontevedra do século XXI. O presuposto máximo aproximado para as propostas para a xestión do ciclo da auga é de 10 millóns de euros, mentres que aquelas que sexan para proxectos innovadores non poden ter un orzamento inferior aos 5 millóns de euros.
Para a súa execución empregarase maioritariamente o instrumento de compra pública de innovación (CPI) co fin de promover a innovación como ferramenta clave do desenvolvemento da provincia e para a busca de solucións innovadoras aos retos aos que se enfronta o territorio.
Lembrar que a Deputación convocou o pasado mes de xullo unha consulta preliminar ao mercado co obxectivo de coñecer o nivel de madurez e o estado da arte das potenciais solucións innovadoras que poderían implementarse para resolver os retos que se presentan. Ao evento celebrado para dar o tiro de saída do proxecto acudiron preto de 150 persoas e xa hai máis de 215 persoas inscritas na base de datos do programa, o que demostra, en palabras da entidade provincial, “o grande interese das empresas e centos de investigación”. Este foi o motivo de que a Deputación ampliase o prazo para a presentación de propostas ata o vindeiro 28 de setembro.
O evento deste xoves está artellado arredor de tres mesas de traballo, nas que se explicarán en detalle os retos para os que se buscan solucións, e nas que se poderán resolver as dúbidas que existan arredor deles. Ao remate da xornada celebrarase un café networking, no que as e os participantes terán a posibilidade de aproveitar a ocasión para interactuar e establecer posibles alianzas de cara á preparación das súas propostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?