Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI acollerá en outubro a fase final do primeiro hackathon turístico galego-portugués
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI acollerá en outubro a fase final do primeiro hackathon turístico galego-portugués

S. P.
Publicado: 13/09/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_hackaton_turistico_ideas_e_innovacion_markers.jpgO primeiro Hackathon-Laboratorio de Ideas e Innovación abordará os principais desafíos de sustentabilidade do sector turístico en Galicia e norte de Portugal. A iniciativa, nada no marco do proxecto galego-luso Emprende Makers, reunirá a alumnado, emprendedores e profesionais de diferentes eidos para facer propostas innovadoras e cun importante compoñente tecnolóxico neste eido.
Emprende Makers
Liderado polo Concello de Ourense, Emprende Makers ten como entidades beneficiarias, na parte galega, á Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, á Deputación de Ourense e á Universidade de Vigo, e por parte lusa ás cámaras municipais de Paredes de Coura, Melgaço e Vila Nova de Famalicão e á Universidade do Minho. O proxecto pretende crear e desenvolver unha rede de emprendemento baseada en centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexion Galicia-norte de Portugal que actuará como un espazo común de innovación tecnolóxica e creativa.
Presentación
A convocatoria do Hackathon-Laboratorio de Ideas e Innovación foi presentada este luns 12 de setembro no Campus de Ourense por Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI); Armando Ojea, tenente alcalde do Concello de Ourense, e César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense.
No transcurso do acto, Francisco Javier Rodríguez subliñou que, en xeral, “temos todos a idea de que un hackathon é un evento só de informática, de programación, pero neste caso buscamos que sexa un laboratorio de ideas multidisciplinar, cun compoñente de informática, web ou tecnoloxía” e centrado nun reto concreto.
Pola súa banda, Armando Ojea lembrou “a sensibilidade” do Concello de Ourense “coa promoción da tecnoloxía punteira”, destacando que “a sustentabilidade no turismo empeza a ser unha cuestión que comeza a ser delicada” debido á súa masificación. Por último, César Fernández subliñou que Emprende Makers é un exemplo “da colaboración e cooperación institucional e administrativa” e puxo en valor deste hackathon o feito de que permite “recoller as ideas da sociedade” e fomentar a participación cidadá.
A xeira de traballo colectivo presentada este 12 de setembro reúne a alumnado ou profesionais de diferentes ámbitos e ten como principal obxectivo “resolver desafíos nun tempo específico, curto e continuo”.
As propostas poden estar centradas en calquera ámbito urbano, rural ou natural deste territorio, así como calquera outra vila, comarca ou paraxe singular. O desafío é aumentar o turismo en Galicia, Norte de Portugal ou en ambos territorios cun enfoque transfronteirizo. “Buscamos solucións tecnolóxicas, deseños de proxectos ou procesos innovadores que contribúan á mellora do posicionamento de Galicia, o norte de Portugal ou de ambos espazos como destino turístico”, sinalan desde a organización. Os proxectos deberán centrarse nun ou en varios dos elementos diferenciadores deste territorio ou calquera outro elemento do seu patrimonio natural ou cultural, material ou inmaterial. Estes elementos terán que estar integrados nas propostas a presentar de forma que poidan funcionar como pancas para aumentar a afluencia de visitantes e a atracción de turismo de calidade.
A actividade terá un formato híbrido (primeira fase online) e segunda fase (final), que se celebrará de modo presencial na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense os días 14 e 15 de outubro. Os equipos serán de tres a cinco persoas, equipos que poden presentarse xa pechados ou ser formados pola organización no caso das persoas que se inscriban a título individual. Trala configuración de equipos e a admisión das súas ideas de proxecto, comezará unha fase de mentoring virtual de cada proposta a cargo de especialistas para na fase presencial rematar os proxectos e presentalos ao xurado. Catro serán os equipos premiados, oscilando a contía dos galardóns dos 500 aos 2000 euros. A inscrición está aberta ata o 25 de setembro a través da web do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?