Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha vintena de persoas fórmase na ESEI de Ourense en fabricación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha vintena de persoas fórmase na ESEI de Ourense en fabricación dixital

S. P.
Publicado: 13/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_esei_nova33.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense) dá continuidade este outono ao seu papel de espazo referencial galego en materia de investigación e divulgación tecnolóxica. Sen ir máis lonxe, acolle estes días unha xuntanza sobre deseño intelixente (design thinking) e fabricación dixital na que participan unha vintena de persoas.
A cita abéirase ao proxecto NovaTFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras), que aposta por fomentar novos modelos de negocio arredor das tecnoloxías facilitadoras esenciais, especialmente as vinculadas á fabricación avanzada (fabricación aditiva e fábrica 4.0) e TIC (fábrica 4.0, Internet das Cousas e Cidades Intelixentes).
No marco da súa programación, desde o pasado día 5 e ata o 15 de setembro desenvólvese o devandito programa formativo na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, socia do proxecto.
esei_novatfe_fabricacion_dixital.jpgEn NovaTFE participa un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo formado por investigadoras e investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática, das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola de Enxeñaría Industrial. Ademais da institución académica, son socios a Mancomunidade de O Salnés (líder da iniciativa), o Concello e a Deputación de Ourense, a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e a Câmara Municipal de Valença (Portugal). O orzamento total deste proxecto de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal Interreg POCTEP alcanza os 811.200 euros, contando con 762.874,50 euros de financiamento FEDER, dos fondos europeos de desenvolvemento rexional.
Dentro da programación de NovaTFE está o desenvolvemento do proxecto formativo Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais. Design Thinking e Fabricación Dixital, organizado e financiado pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. A iniciativa xorde co obxectivo de fomentar a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e o achegamento ás novas tecnoloxías facilitadoras no eido da fabricación dixital. Especialmente dirixido a persoal de pequenas e medianas empresas e a emprendedoras e emprendedores, a actividade “propón unha visión empresarial e industrial dos procesos de innovación encadrados na metodoloxía design thinking e das aplicacións de tecnoloxías como a impresión 3D, o escanado ou a mecanización CNC”. A actividade no campus de Ourense, que consta de 50 horas de formación presencial e é gratuíta, dá continuidade a outra celebrada o pasado mes de agosto no Laboratorio de Experimentación e Prototipado NovaTFE do Salnés, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?