A chegada de iOS 16 aos iPhone trouxo consigo unha agradable sorpresa, xa que na sección de accesibilidade o apartado de contido lido (función que permite que o dispositivo lea en voz alta texto en pantalla) engadiu novas voces que incorporan as linguas estatais que non estaban dispoñibles ata o momento en dispositivos de Apple: o catalán, o valenciano, o éuscaro e o galego.
Cómpre advertir que non estamos a falar de que agora iOS 16 poida configurarse en galego ou que Siri pase a entender o galego, aínda que non é pouca cousas que poidamos visitar unha páxina web en galego e podamos seleccionar un texto para que o sistema o lea en voz alta cunha pronuncia correcta utilizando unha voz chamada Carmela (que está dispoñible nunha versión básica e tamén nunha versión mellorada).
Estaremos ante un primeiro paso para unha maior aceptación das linguas minorizadas por parte de Apple? O tempo dirá.
O iPhone estrea voz en galego
Compartir Este Artigo
