Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Berrobambán e a Deputación da Coruña levarán a memoria dos nosos concellos ao formato podcast
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Berrobambán e a Deputación da Coruña levarán a memoria dos nosos concellos ao formato podcast

S. P.
Publicado: 15/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

berrobamban_2.jpgA compañía Berrobambán iniciará este mes, no concello de Mañón, a segunda temporada de Facer Memoria, un proxecto escénico e participativo que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e que proseguirá a súa xira por Teo, Carballo e Outes. En palabras dos responsables da compañía, en Facer Memoria esváense “os límites entre escenario e patio de butacas, de xeito que se lle brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas”. A iniciativa é conducida pola dramaturga e narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira. Segundo anunciaron, tamén terá formato podcast, ou sexa, de arquivo sonoro dispoñible online.
O proxecto parte da tradición oral, “da creación comunitaria e da descuberta colectiva”, para desenvolver “un proceso teatral que desemboca nun encontro-espectáculo no auditorio municipal de cada concello no que a veciñanza participante intervirá sobre as táboas”, sinalouse na presentación, engadíndose que os seus obxectivos principais pasan por “coñecer a historia dos lugares que habitamos e a nosa contorna directa, recuperar a memoria oral, conservar a lingua e dar valor á memoria individual como paso previo para reconstruír a memoria colectiva”.
Calendario e parroquias
berrobamban_fm2021.jpg A primeira parada desta nova etapa de Facer Memoria desenvolverase nas parroquias de Grañas do Sor e Bares de Mañón dende o vindeiro luns, 19 de setembro, ata o domingo 25.
Xa en outubro, no marco da programación do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT Carballo), Facer Memoria pivotará entre as parroquias carballesas de Oza e Verdillo ao longo da semana que vai dende o luns 3 ao domingo 9. En novembro, Berrobambán visitará os lugares de Cando e San Lourenzo, no concello de Outes, na semana do 7 ao 13. E por último, despedirá a súa segunda edición coa súa incursión en Teo, nas parroquias de Oza e máis dos Tilos, entre o 21 e o 27 de novembro.
Escena e podcast
berrobamban_1.jpg O proxecto desenvolve ao longo dunha semana un completo programa de accións e actividades que inclúe entrevistas individuais con veciños e veciñas que queiran compartir as súas experiencias vitais, xuntanzas abertas nos centros sociais de cada parroquia, reunións con escolares que teñan traballado na aula a recuperación da memoria local e, finalmente, un encontro-espectáculo no que participen as persoas entrevistas.
Como novidade nesta segunda edición, Facer Memoria tamén espalla o seu eido de acción ao son e a imaxe, xa que todas as entrevistas serán gravadas. Con este material, desenvolverase unha peza sonora, en formato de podcast, na que se recollen algunhas das historias contadas pola veciñanza para ampliar a súa difusión. Ademais, artellarase unha peza audiovisual a xeito de resumo da actividade de Facer Memoria en cada un dos concellos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?