Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e o Concello de Covelo xuntan forzas para capacitar dixitalmente aos maiores do municipio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e o Concello de Covelo xuntan forzas para capacitar dixitalmente aos maiores do municipio

S. P.
Publicado: 16/09/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_concenemento_cientifico_covelo.jpgO Concello de Covelo e a Universidade Vigo veñen de asinar un convenio de colaboración para promover o desenvolvemento científico e tecnolóxico e achegalo á veciñanza do termo municipal. O acordo foi asinado polo alcalde, Pablo Castillo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa, que puxeron o foco nas vantaxes do programa, que incluirá actividades e proxectos que empoderen dixitalmente á cidadanía, que incrementen o seu coñecemento sobre a contorna na que viven e que adquiran recursos para unha meirande calidade de vida. Haberá cursos, conferencias e seminarios dirixidos a persoas maiores de 55 anos.
Pablo Castillo, egresado da UVigo, en concreto da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, salientou a importancia deste contacto estreito cos “concellos pequenos”, que permite “abrir a Universidade a toda a súa contorna”.
Pola súa banda, o reitor destacou a importancia de “democratizar o coñecemento e ofrecer formación ao longo de toda a vida” pero lembrou que, se ben o Programa Universitario para Maiores leva anos sendo unha iniciativa de éxito nos tres campus, “queremos facer país tendo unha presenza en todas os lugares da xeografía galega que nos sexa posible”.
Enmarcado no proxecto Mareas de coñecemento e experiencia da Uvigo, a iniciativa permitirá o desenvolvemento de tres seminarios con temáticas diferentes. O primeiro deles versará sobre tecnoloxía e uso de ferramentas no telefono móbil. O segundo arredor da arte e historia, afondando no patrimonio histórico cultural de Covelo cunha sesión teórica e divulgativa e unha segunda sesión práctica na que o alumnado visitará os xacementos relacionados co impartido.
O terceiro seminario abordará a saúde e o benestar.
Mareas de coñecemento e experiencia é un proxecto itinerante de formación universitaria que naceu ao abeiro do Programa de Maiores da Universidade. A súa finalidade é achegar a formación, a ciencia e a cultura á poboación rural maior de 50 anos, levando aos concellos da contorna un programa que aborda eidos como a xeografía, a arte e a historia; a ciencia e medio ambiente; a saúde e o benestar ou as tecnoloxías, adaptando sempre os contidos ás demandas dos concellos implicados.
Tras o seu paso ao longo dos últimos cursos por Ribadavia, Leiro, Gondomar, Nigrán, Forcarei ou Tui, e despois de dous anos marcados pola pandemia, este curso bota andar nos concellos do Rosal, Covelo e Celanova e, en próximas datas, arrancará tamén en Moaña.
O alcalde, Pablo Castillo, explicou que 15 persoas están a recibir, nestes días, formación relacionada coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), as app (aplicacións móbiles) e as ferramentas dixitais, que foron os contidos máis demandados polo concello.

Axenda

Seminario I Tecnoloxía uso de ferramentas no telefono móbil
María Rodríguez Damián r Amparo Rodríguez Damián. Profesoras da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
• 14 de setembro, de 16.30 a 19.00 h. Sesión teórico-práctica 1: O teléfono móbil. Configuración básica. WhatsApp e Video-chamadas. Lecturas código QR. Aplicacións de banca electrónica e pago.
• 15 de setembro, de 16.30 a 19.00 h. Sesión teórico-práctica 2 Outras aplicacións. Calendarios de vacinación e medicacións, Petición de citas médicas, Localización de persoas, etc.
Seminario II Arte e historia
Elisa Pereira García. Profesora do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo
• 19 de setembro, de 16.30 a 18.30 h. Sesión divulgativa: Patrimonio do concello de Covelo. Mámoas e petróglifos, Cruceiro Santísimo Cristo dos Aflixidos
• 20 de setembro, de 16.30 a 19.30 h. Sesión práctica: Visita as Mámoas e os petróglífos, Cruceiro Santísimo Cristo dos Aflixidos (Cerviño)
Seminario III Saúde e benestar
José Luis García Soidán. Profesor na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
da Universidade de Vigo
• 21 de setembro, de 16.30 a 18.30 h. Sesión divulgativa: Contorna natural. Alimentación e saúde
• 22 de setembro, de 16.30 a 19.30 h . Ruta cardio-saudable dende ruta do rio Alen a barcia de Mera. A andaina durará en torno a dúas horas.
As clases impartiranse no Auditorio Municipal, rúa travesía de Vigo 11, Covelo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?