Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Europe Direct A Coruña achega aos concellos formación en liña para impulsar iniciativas europeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Europe Direct A Coruña achega aos concellos formación en liña para impulsar iniciativas europeas

S. P.
Publicado: 19/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

europe_direct_deputacion_coruna_curos.jpgO centro Europe Direct A Coruña (Deputación da Coruña) programou dous cursos de formación en programas europeos para o mes de outubro, dirixidos a ampliar “a capacitación do persoal técnico dos concellos da provincia da Coruña na xestión e deseño de proxectos europeos e, así, atraer e impulsar novas iniciativas europeas no territorio”. Nesta ocasión, a formación en liña centrarase no programa Interreg de cooperación territorial da UE e o Corpo Europeo de Solidariedade, unha liña do programa Erasmus Plus que promove os voluntariados, formación ou axuda humanitaria entre a mocidade.
O curso sobre o programa Interreg busca amosar ás entidades locais da provincias as opcións existentes para avanzar na cooperación territorial. Ao longo de cinco horas de formación, o persoal dos concellos poderá coñecer as áreas de actuación de Interreg, os requisitos e as esixencias para participar, os enfoques que deben ter os proxectos e as últimas novidades do programa. Ademais, haberá unha sesión a cargo da Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigación (OTRI) da Universidade da Coruña na que presentará os seus servizos e tamén propostas de colaboración. Celebrarase os días 3, 5, e 6 de outubro en horario de mañá.
A formación sobre o Corpo Europeo de Solidariedade achegará a persoal responsable de centros de información xuvenil ou de políticas para a mocidade unha visión práctica das accións que se poden desenvolver neste programa. O programa abordará os proxectos de mobilidade xuvenil e as súas prioridades temáticas, sen esquecer o proceso de redacción, presentación e rexistro destas. O curso ten unha duración de seis horas, divididas en tres xornadas en liña nos días 18, 19 e 20 de outubro.
As prazas para ambas formacións, que son gratuítas, están limitadas a 30 persoas e é imprescindible o rexistro.
Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?