Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores do CITIC presentan avances en robótica cognitiva no congreso internacional ICDL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores do CITIC presentan avances en robótica cognitiva no congreso internacional ICDL

S. P.
Publicado: 20/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_icdl_congreso-londres_web.jpgInvestigadores do CITIC presentaron os seus avances sobre robótica cognitiva na Conferencia Internacional do IEEE sobre Desenvolvemento e Aprendizaxe (ICDL) de Londres. Máis polo miúdo, Richard J. Duro e Alejandro Romero, da área de Intelixencia Artificial do CITIC da UDC, deron a coñecer os detalles dun proxecto de nova arquitectura xerárquica (H-GRAIL) que selecciona os obxectivos para alcanzar en base a motivacións intrínsecas.
Como dixemos o traballo foi presentado por ambos investigadores na Conferencia Internacional do IEEE sobre Desenvolvemento e Aprendizaxe (ICDL) 2022, que se celebrou a pasada semana en Londres, un encontro de profesionais adicados ao avance da aprendizaxe cognitiva que reuniu especialistas en informática, robótica, psicoloxía e ciencias do desenvolvemento de todo o mundo.
O estudo dos investigadores do CITIC, titulado Autonomous Learning of Multiple Curricula with Non-stationary Interdependencies foi realizado en colaboración co Institute of Cognitive Sciences and Technologies de Roma, Gianluca Baldassarre e Vieri Giuliano Santucci. Nel incídese en que a aprendizaxe autónoma aberta é un enfoque relevante na aprendizaxe automática e a robótica, que permite o deseño de axentes artificiais capaces de adquirir obxectivos e habilidades motoras sen necesidade de que o usuario lles asigne tarefas. Unha cuestión crucial para este enfoque é desenvolver estratexias que garantan que os axentes poidan maximizar a súa competencia no maior número posible de tarefas no menor tempo posible.
O novo sistema H-GRAIL proposto polos investigadores do CITIC engade unha nova capa de aprendizaxe para almacenar as secuencias de tarefas adquiridas de forma autónoma e con vistas a poder modificalas no caso de que as interdependencias sexan non estacionarias. Todos os sistemas próbanse nunha contorna robótica simulada e real con diferentes escenarios experimentais que implican diversas tarefas con dependencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?