Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC mostrou na Mobile Week Ourense os fitos tecnolóxicos do seu programa Talentos Inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC mostrou na Mobile Week Ourense os fitos tecnolóxicos do seu programa Talentos Inclusivos

S. P.
Publicado: 20/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_talentos_inclusivos_mw-ourense2.jpgEntre as iniciativas dadas a coñecer na pasada edición da Mobile Week Ourense, evento tecnolóxico galego coordinado por Fernando Suárez e impulsado pola Deputación, houbo un importante feixe de propostas centradas na confluencia entre solidariedade, vontade inclusiva e tecnoloxías avanzadas. Neste punto tivo un papel destacado Talentos Inclusivos, o programa co Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC) para achegar ás persoas con diversidade funcional ás vantaxes e utilidades das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O proxecto Talentos Inclusivos, que basea as súas liñas de acción en loitar contra a fenda dixital que afecta a estes colectivos, foi dado a coñecer polo subdirector do centro, Javier Pereira.
Na súa intervención Pereira debullou as claves deste proxecto, que camiña xa pola terceira edición. Na primeira parte da charla presentáronse os resultados do traballo realizado no proxecto Talentos Inclusivos. Trátase dun proxecto realizado entre o CITIC da UDC, ASPACE Coruña (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral) e a Consellería de Educación en 10 institutos galegos. A súa metodoloxía básico de traballo é a seguinte: as persoas con parálise cerebral expoñen algúns dos problemas cos que se atopan acotío e o alumnado dos institutos tenta darlles resposta desenvolvendo un proxecto tecnolóxico para eliminar esas limitacións. Presentáronse algúns dos proxectos, cunha demostración en directo:
-Dron controlado coa cabeza.
-Coche robot que se conduce co movemento da man.
-Coche eléctrico.
-Xoguete infantil adaptado con botón.
-Videoxogo Pong con botón de control adaptado.
Mobile Week, contra a fenda dixital
A segunda edición da Mobile Week Ourense, que se celebrou esta semana que vimos de deixar atrás (entre o xoves 15 e o domingo 18 de setembro), ofreceu máis de 70 actividades nun amplo programa que incluíu obradoiros, charlas, conferencias, demostracións e formación tecnolóxica. O obxectivo foi achegar os novos fenómenos TIC ao público infantil, á mocidade, ás familias, aos docentes, á poboación sénior e aos profesionais do sector. A Mobile Week Ourense xorde da alianza da Deputación provincial e Mobile World Capital Barcelona para alcanzar un dos principais obxectivos desta iniciativa: loitar contra a fenda dixital achegando a tecnoloxía á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?