Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira Pont-Up Store compensará a súa pegada de carbono en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira Pont-Up Store compensará a súa pegada de carbono en Pontevedra

S. P.
Publicado: 20/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Pedro Figueroa, Iván Puentes e David Lemos
De esquerda a dereita, Pedro Figueroa, Iván Puentes e David Lemos
A feira de emprendemento pontevedresa Pont-Up Store vai ser unha feira sustentable. Así o fixeron saber o director da feira, Pedro Figueroa, e o responsable de Desenvolvemento Sustentable e Medio Natural do Concello de Pontevedra, Iván Puentes. Segundo informaron, esta área municipal apoiará o plan de descarbonización presentado pola organización do evento da man da empresa AirCO2, co obxectivo de “compensar a pegada de carbono que deixará na cidade desde este martes 20 de setembro ata o vindeiro sábado, a través de plantacións forestais, xardíns e fontes de agua que eviten o consumo de plástico durante o encontro.
O paquete de medidas foi acordado nunha reunión na que tamén participou David Lemos González, director comercial da empresa AirCO2, nova firma pontevedresa que foi seleccionada para ocupar un dos stands da carpa da praza de España esta fin de semana. Segundo informou Lemos González, AirCO2 é “a primeira green fintech española que permite descarbonizar grazas a un marketplace que pon en contacto a empresas que precisan compensar a súa pegada de carbono con persoas propietarias forestais que poden compensala e ao tempo conseguir rendibilizar o seu monte”.
Segundo explica o concelleiro socialista Iván Puentes, “o Pont Up quere subliñar nesta edición o seu compromiso co desenvolvemento sustentable e a loita contra o cambio climático e, por primeira vez, en colaboración cunha firma pontevedresa, vai calcular a pegada de carbono, é dicir, o conxunto de emisión de CO2 que deixa a súa celebración na cidade, coa vontade de tentar neutralizar esa pegada e de eliminar ese carbono posteriormente con diversas actividades medioambientais”.
Unha vez remate o evento e se poidan facer os cálculos exactos das emisións que supuxo a súa celebración, a Concellería poderá calcular, cos técnicos municipais, cantas árbores cumpriría plantar ou que accións de mantemento de zonas verdes da cidade poderían efectuarse para destruír ese carbono, convertelo en osíxeno e neutralizar esas emisións de CO2 á atmosfera.
A Pont-Up Store é unha iniciativa da Universidade de Vigo e o Grupo G4 Plus, liderada polo Campus CREA de Pontevedra, e conta co apoio da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra, Abanca, Zona Franca e R, entre as máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra na capital galega das mellores iniciativas empresariais. Nas labores de organización e coordinación, o encontro conta tamén coa participación da Asociación para o Emprendemento e Innovación Pont-Up Store.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?