Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como deseñar un plan de dixitaliación para o noso negocio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como deseñar un plan de dixitaliación para o noso negocio

S. P.
Publicado: 21/09/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_plan_desenar_dixitalizacion.jpgA Cámara de Santiago prosegue neste inicio do outono o seu intenso labor de dixitalización e formación transformadora ao servizo das pequenas e medianas empresas. Este 28 de setembro, en horario de 10.00 a 11.20 horas, vai organizar o obradoiro Quero deseñar un plan de dixitalización para o meu negocio, por onde comezo? Será impartido por un dos nosos grandes expertos en uso empresarial das novas ferramenta: Javier Rocamora.
A xornada, que servirá tamén para presentar brevemente as liñas de actuación da Oficina Acelera PEME (impulsada por Red.es con entidades de todo o ámbito estatal, por exemplo a Cámara de Santiago), vén cos seguintes contidos básicos: a dixitalización como un novo xeito de xestionar o negocio e a necesidade de transformar o noso negocio agora que os nosos clientes tamén son dixitais.
Amais, abordaranse as principais ferramentas das que podemos dispor para as distintas áreas do negocio (compras, vendas, produción, loxística, administración, comunicación e mercadotecnia), os primeiros pasos na dixitalización (estratexia básica para un pequeno negocio), novos modelos de xestión baseado nos datos e nas previsións e beneficios da dixitalización dun pequeno negocio.
A persoa encargada de impartir estes contidos será como dixemos Javier Rocamora García consultor autónomo especializado en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico dende 2008, operando baixo a marca comercial Las 3 en Punto.
As Oficinas Acelera PEME (OAP) inclúense non Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?