Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: INECO achegará asesoramento e formación dixital nos nove concellos galegos beneficiados de RuralTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

INECO achegará asesoramento e formación dixital nos nove concellos galegos beneficiados de RuralTIC

S. P.
Publicado: 21/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

goberno_rural_tic.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, debullou este 21 de setembro os detalles do programa estatal INECO-RuralTIC, que vai beneficiar o proceso dixitalizador de nove concellos galegos de menos de 10.000 habitantes. Trátase, dixo, dun programa pioneiro da empresa INECO, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. José Miñones enmarcou este anuncio no compromiso do Goberno de España coa cohesión territorial e coa igualdade de oportunidades do conxunto da poboación, “con independencia de onde resida”.
José Miñones lembrou que o Goberno, a través de distintos ministerios, está a “impulsar programas de dinamización rural e ferramentas para diminuír as fendas entre as cidades e os pobos, favorecer a cohesión territorial e a igualdade de oportunidades e frear o despoboamento do rural”, co obxectivo de facer que “vivir nos pequenos concellos sexa un privilexio e non unha traba para crear un proxecto de vida, de traballo ou de formación”.
O delegado sinalou que en Galicia son nove os concellos beneficiados, nos que residen máis de 24.000 persoas en conxunto. Na provincia da Coruña, as entidades locais seleccionadas son Cerdido, Porto do Son e Vimianzo; na provincia de Lugo, o concello de Trabada, e na provincia de Ourense, os concellos de Carballeda de Avia, Cortegada, A Gudiña, Parada de Sil e A Pobra de Trives. En total, seleccionáronse 50 concellos no conxunto de España para esta iniciativa das comunidades de Andalucía, Asturias, Aragón, Castela León, Castela A Mancha e Galicia.
Esta aposta pioneira levará a estes concellos a persoal do INECO, que, segundo lembrou Miñones, adicará unha parte da súa xornada laboral a prestar os labores de asesoramento e formación do programa. “A fórmula deseñada pola compañía permitirá aos profesionais que formen parte da iniciativa desprazarse temporalmente a estas pequenas poboacións para compaxinar o teletraballo coa realización de talleres formativos en dixitalización social e económica”, sinalou, engadindo que “a través deste formato de colaboración, os participantes de INECO dedicarán ata un 20% da súa xornada laboral a estas accións, mentres que os concellos achegarán as estadías durante os días laborais do período de desenvolvemento do programa”. Cada estadía terá unha duración inicial de dúas semanas, prorrogables outras dúas.
Os obradoiros serán de formación no uso das novas tecnoloxías á poboación de máis idade ou asesoramento ás pemes locais, entidades ou asociacións, para potenciar o seu posicionamento dixital, mellorando ou creando webs, incrementando a súa presenza en redes sociais ou deseñando aplicacións móbiles que optimicen a actividade, entre outras iniciativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?