Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cruz Vermella e R capacitaron dixitalmente a máis de 200 persoas maiores en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cruz Vermella e R capacitaron dixitalmente a máis de 200 persoas maiores en Galicia

S. P.
Publicado: 21/09/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

enredando_tour_r_2022_1.jpgA organización Cruz Vermella e a operadora R fixeron balance da súa actividade conxunta a prol da alfabetización dixital das persoas maiores, materializada a través do programa itinerante Enredando Tour R, desenvolvido no verán. Segundo fixeron saber, promoveron a capacitación tecnolóxica de máis de 200 persoas en Galicia, entre o 20 e o 29 de xullo. A xira percorreu 6 localidades das provincias de Lugo e Pontevedra, coa participación directa da operadora galega R e a colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
O 78,5% das persoas participantes nos obradoiros foron mulleres e a media de idade, de 75 anos. Dos asistentes ás formacións, un 41,7% manifestaron que o seu coñecemento dixital previo era baixo.
enredando_tour_r_2022_2.jpg“Grazas a estes talleres, impartidos nunha contorna lúdica e agradable por persoal especializado e voluntariado, logrouse que os maiores lle perdesen un pouco o medo ás novas tecnoloxías e que desenvolvan habilidades básicas para manexalas, aprender e avanzar”, sinalaron as dúas entidades, engadindo que en cada unha das 6 localidades (Lugo, Chantada e A Fonsagrada, na provincia de Lugo e Vigo, e Pontevedra e A Estrada, na de Pontevedra) instalouse a aula móbil de Cruz Vermella e R, cuxa finalidade era “enredar’ aos maiores no mundo dixital”; e para iso podían escoller, segundo os seus gustos e intereses, entre diferentes dispositivos: smartphone, tableta ou portátil. A actividade dirixiuse a persoas de 60 ou máis anos e a media de idade dos participantes foi de 73,5. Ao seu abeiro propuxéronse 4 menús/talleres para elixir, dedicados a abordar aplicacións e temáticas diferentes: navegar por Internet; utilizar o WhatsApp para comunicarse; facer xestións cotiás a través de Internet, co SERGAS, banca electrónica, compras online ou ben instalar/desinstalar aplicacións móbiles e coñecer Youtube Kids. Os contidos expostos tiveron moi boa aceptación e o 49,5% das persoas consideraron a formación de moita utilidade para a súa día a día.
En total, durante o Enredando Tour R de 2022 desenvolvéronse 18 horas de capacitación en competencias dixitais básicas e 397 obradoiros baseados nos menús formativos propostos.
Nesta segunda edición os menús enfocáronse a contidos dixitais no móbil e relacionados coa seguridade nas aplicacións e no seu manexo para apoderar ás persoas maiores, adaptándose todo o posible ás necesidades de cada asistente, ao seu nivel de coñecemento tecnolóxico e aos seus intereses dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?