Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DATAlife aposta por reforzar o protagonismo dos mozos para avanzar na dixitalización do agro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DATAlife aposta por reforzar o protagonismo dos mozos para avanzar na dixitalización do agro

S. P.
Publicado: 22/09/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

relatores_xornada_hiba_datalife.jpgCon motivo da celebración do Día da Cooperación Europea (21 de setembro), o proxecto Hub Iberia Agrotech (HIBA), do que forma parte activa DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH) que preside Pablo Álvarez Freire, organizou e celebrou este mércores 21 de setembro a xornada Cooperación transfronteiriza para a dixitalización da agricultura. A integración dos mozos. Proxectos HIBA. O obxectivo da xuntanza, celebrada no Edificio FEUGA do Campus Sur da USC, tivo como obxectivo impulsar o talento da xuventude de Galicia e o norte de Portugal para avanzar na dixitalización do sector agraria de ámbalas beiras da raia.
De feito, o proxecto HIBA pretende proporcionar as ferramentas para impulsar esta transformación da agricultura, mellorar a competitividade das empresas, fomentar a cooperación público-privada e xerar empregos verdes.
“A dixitalización do sector primario é unha oportunidade única para incorporar aos mozos e a todo o seu talento á agricultura, ao sector forestal, á gandería e ao sector pesca-mar”, destacou Javier Doval, experto en Transformación Dixital de DATAlife, encargado tamén de presentar este mércores 21 os avances e os vindeiros pasos na agrodixitalización de Galicia. “As novas xeracións xa teñen incorporada de orixe a dixitalización; o potencial que temos aí é tremendo e debemos apostar nesta dirección”, indicou o experto de DATAlife, quen avanzou que “o campo, a gandería e o mar teñen o problema da substitución xeracional e, en consecuencia, a nosa misión radica en animar aos mozos de Galicia a que se incorporen para liderar estes procesos de dixitalización. A presenza dos mozos no sector primario é fundamental”, dixo.
O director xeral do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, Luis Pérez Freire, participou na xornada organizada por DATAlife e falou das tendencias tecnolóxicas agrotech. Tamén destacou o “déficit de talento” no campo galego. E lanzou a mensaxe de que “faltan profesionais cualificados, faltan titulados, expertos, tecnólogos” no agro de Galicia e lembrou que o sector primario presenta “unha oportunidade para as novas xeracións”. Pérez Freire apostou por ofrecer aos mozos recentemente titulados oportunidades a través da transformación dixital do campo galego para que “non teñan que saír de Galicia para buscar o seu futuro profesional”.
Día Europeo da Cooperación
Desde DATAlife apuntan que o 21 de setembro é unha data “para lembrar aos cidadáns que a través da cooperación pódense conseguir grandes resultados”. E destaca que grazas aos proxectos de cooperación, que chegan a todas as rexións da Unión Europea e cobren múltiples ámbitos comúns, logrouse aumentar a comprensión cultural e superar disparidades económicas.
Na xornada de Santiago amén participou Juan Manuel Revuelta, director executivo (CEO) da Fundación Finnova, que traballa na integración da xente nova na cooperación europea a través de Interreg Volunter Youth e Proxecto HIBA. Posteriormente explicaron a súa experiencia tres compañías do sector primario. No bloque baixo o título Tecnoloxías dixitais no sector agroalimentario participaron Patricia Gallego, consultora de Elige Plus e encargada de impulsar os plans de dixitalización en 20 compañías galegas do agro, forestal, gandería e pesca-mar. Tamén interviñeron contando a súa experiencia Lucrecia García, directora de Real Conservera Española; Pedro Maia, que representou á adega portuguesa Quinta do Pinto; e Gabriel López, responsable do departamento de tecnoloxía de Viña Costeira.
A xornada foi organizada por DATAlife e a Fundación Finnova, entidades socias beneficiarias do proxecto HIBA, integrado por 19 beneficiarios de España e Portugal. Esta iniciativa transfronteiriza está co-financiada ao 75% polo Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POPTEC), cun orzamento total do proxecto de 5,3 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?