A operadora Movistar fixo balance do nivel de despregadura de tecnoloxía FTTH (Fibra Óptica ata o Fogar) no concello pontevedrés das Neves. Segundo fixo saber, máis do 75% do municipio conta xa con cobertura de fibra óptica da compañía.
Ademais, 5 núcleos de poboación foron equipados con esta rede, o que permitiu que 135 novas unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación. Estes núcleos súmanse aos 6 xa conectados nos últimos meses á FTTH de Movistar, o que supón máis do 75% de todas as unidades inmobiliarias das Neves. As novas localidades son Paredes, Estación, Redondelo, Bruñeiras e Gulanes.
Os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes.
Máis do 75% das Neves conta xa con cobertura de fibra óptica de Movistar
Compartir Este Artigo

