Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sustentabilidade, a innovación e a igualdade foron os protagonistas os premios Pont-Up Store
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sustentabilidade, a innovación e a igualdade foron os protagonistas os premios Pont-Up Store

S. P.
Publicado: 26/09/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

yowup_pont-up_store.jpgNo mediodía deste sábado 24 entregáronse no marco da feira Pont-Up Store de Pontevedra os premios ás mellores iniciativas empresariais desta edición. A proposta de Yowup conquistou ao xurado como mellor emprendemento e outras sete empresas foron recoñecidas dentro de cada sector. O evento reuniu e Pontevedra durante 2 días preto de 40 emprendementos e milleiros de asistentes que visitaron os stands na praza de España e participaron no extenso programa de actividades que se viñan desenvolvendo dende o pasado martes. A sustentabilidade, o liderado feminino, e as iniciativas nacidas no rural foron os eixes de actividade principais.

Contidos
  • Premios
  • Entidades organizadoras

Premios

No mediodía do sábado entregáronse os premios ás mellores iniciativas empresariais desta 9ª edición do Encontro de Emprendemento Pont-Up Store. Como cada ano, o comité organizador foi o encargado de valorar e seleccionar as mellores iniciativas empresariais nas diferentes modalidades.
A empresa DairyPet, especializada en mascotas, conseguiu facerse co premio ao mellor emprendemento, e tamén co recoñecemento como mellor iniciativa no ámbito da alimentación e a restauración co seu lanzamento Yowup, un innovador iogur para gatos e cans que ofrece beneficios saudables con aporte de probióticos, e que foi un dos stands máis visitados nesta edición.
No apartado de turismo, ocio e benestar fíxose co premio a iniciativa Skeirrrum, unha empresa dedicada a crear experiencias de escape ao aire libre, co obxectivo de achegar aos mozos a contornas que non adoitan frecuentar utilizando como ferramenta un xogo e o seu smartphone.
Na categoría de enxeñarías, consultorías e outros servizos levou o premio Beniu Soluciones SL, que centra a súa actividade en atender as necesidades do noso rural, empregando técnicas de agricultura de precisión principalmente mediante drons.
Amais, 13 Graos, unha cooperativa sen fins de lucro foi recoñecida como proxecto destacado no ámbito da formación, a educación, a arte e a cultura, pola súa proposta para achegar á xente ao mundo submarino a través de ilustracións, audiovisuais, libros ou actividades.
Na modalidade das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC), o xurado destacou a proposta de Digital Monster Collective, que produce videoxogos e ofrece servizos de outsourcing para outras empresas, facendo arte, animacións, deseño de UX/UI e advergame, entre outros.
En deseño de moda, complementos e decoración acadou o recoñecemento a marca de moda Iniqual, cunha colección de xénero non binario especializada en roupa de confort.
Amais, o xurado do talent show enxalzou a creatividade, a innovación, o impacto positivo e o potencial de crecemento das sete iniciativas que presentaron o venres 23 cadanseus modelos de negocio. De feito, entre as ideas achegadas polos expertos para a mellora destas empresas, houbo dúas propostas de colaboración que van ser exploradas nos próximos meses. Dunha parte, Skeirrum recibiu unha proposta do membro do xurado, Xoán Martínez Reboredo, CEO de Kaleido, Ideas & Logistics e presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia, para crear experiencias de street scape en colaboración coa Fundación Mosteiros, coas que dar a coñecer o importante patrimonio destes enclaves.
Pola súa parte, outra das expertas do comité de ouvintes, Rosa María Seoane Domínguez, xerente de Abanca Innova, apuntou unha posible alianza coa cooperativa Alén para facer o mentorado en sustentabilidade ás empresas que participan neste programa que lidera os procesos de innovación do banco e coordina as súas liñas de emprendemento e aceleración.

Entidades organizadoras

A feira Pont-Up Store é unha iniciativa da UVigo e o Grupo G4 Plus, liderada polo Campus CREA de Pontevedra, e conta co apoio da Concellaría de Promoción Económica do Concello como patrocinador principal, e tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra, Abanca, Zona Franca e R, entre as máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento pontevedrés e galego.
Nos labores de organización e coordinación, o encontro conta tamén coa participación da Asociación para o Emprendemento e Innovación Pont-Up Store.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?