A cadea de supermercados ALDI está a sorprender co seu catálogo de xoguetes que entra en vigor o vindeiro 23 de novembro, e no que podemos ver un dron da marca Maginon que inclúe un mando para facilitar o seu control dende o móbil a unha distancia de ata 30-40 metros, que integra unha cámara de 2 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 720p na súa tarxeta SD de 8 GB (incluída), cun prezo de só 44,99 euros, o que podería animar a moitos rapaces a introducirse no mundo dos drons.
O cuadricóptero consegue voos estables grazas o seu xiroscopio de 6 eixes, conta con 3 velocidades de funcionamento, inclúe 4 hélices de recambio e 3 baterías AA permítenlle voar ata 9-10 minutos. Durante o seu uso pode verse a imaxe captada pola cámara no móbil que teñamos colocado no mando a distancia do dron.
Cómpre salientar que estamos ante un produto, que aínda que se venda como un xoguete, ten hélices, polo que non se recomenda para menores de 16 anos.
ALDI venderá un dron con cámara por só 44,99 euros
Compartir Este Artigo

