
As grandes estrelas tecnolóxicas destes proxectos foron (entre outras) a 5G ou a Internet das cousas de banda estreita (NB-IoT), que facilitan a sensórica do territorio en ámbitos como o das principais infraestruturas da cidade, a rede de transporte, os edificios e as persoas. A operadora explica que estes fornecementos teñen vantaxes para a mobilidade (con máis de 100.000 vehículos conectados nunha década por Telefónica, para a seguridade cidadá, para a sustentabilidade e para os servizos básicos como a xestión da auga ou dos residuos, entre outros.
Na estratexia smart, Telefónica tamén destaca a plataforma de desenvolvemento propio Thinking City, que “se converteu nun estándar dentro do sector turístico”, explica a operadora, engadindo que está baseada en compoñentes de software libre e que habilita de forma segura proxectos de analítica avanzada de datos e análises preditivo. Ademais, a través dun cadro de mando integral e da sensórica da cidade, permite medir todo o que ocorre na urbe, tomando decisións baseadas na información obtida.
O proxecto da Deputación de Ourense
O proxecto Hai un Ourense para ti. Descúbreo ten un orzamento de 2.989.022,34€, 40% achegado pola Deputación de Ourense e 60% por parte de Red.es e está co-financiado por FEDER a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).
A iniciativa ten como obxectivo a creación dunha plataforma integrada de turismo intelixente que permita ao turista acceder á información de interese dos principais recursos turísticos da provincia (Ourense ao teu alcance), ofrecerlle servizos personalizados (Sente Ourense) e experiencias inmersivas (Ourense guíate).
Entre as iniciativas previstas destaca a implantación dunha plataforma integradora dos recursos.
Telefónica xestionou o lanzamento de nove destinos turísticos smart, incluído o de Ourense
Compartir Este Artigo

