Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME arranca 2023 con cinco novas accións formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME arranca 2023 con cinco novas accións formativas

S. P.
Publicado: 09/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_deea10-dd293-3.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana cinco novos obradoiros impartidos de xeito mixto, online e presencial, abeirados á súa carteira de obradoiros para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas, profesionais e cidadáns en xeral. As accións tratarán temas de ciberseguridade, CRM como forma de conquistar aos clientes, mellora da produtividade con Trello, como traballar as reservas dun aloxamento en Excel ou que é a tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain).
Este luns 9 de xaneiro o experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, foi o encargado de impartir o curso Ciberseguridade, Ramsomware e suplantación de identidade. O obxectivo desta formación é dar a coñecer o ramsomware, en que consiste e como afecta, poñendo o foco no fenómeno crecente do roubo de identidades en liña e como facer para recoñecer e identificar as múltiples formas que adopta adaptándose ás circunstancias de cada territorio.
O martes 10 impartirase unha nova acción, CRM como aliado para conquistar ao cliente, na que se amosará como implementar o concepto de CRM (Costumer Relationship Management) na nosa filosofía de traballo de forma que podamos achegar unha experiencia personalizada a cada un dos nosos clientes potenciais e clientes. Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresarias, será quen conduza a formación.
O mércores 11 haberá dous obradoiros. Na quenda da mañá, Fatima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, conducirá o curso Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións l. No curso ensinaranse as técnicas de produtividade e como xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras aplicacións móbiles de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas. Na da tarde, ás 17.30h e de xeito presencial no Concello de Moaña, celebrarase o obradoiro Como traballar a base de clientes e reservas do teu aloxamento con Excel, no que se aprenderá a exportar e recompilar todos os datos dos clientes nun Excel e logo poder traballar sobre datos para realizar campañas e ofertas con éxito. Ás persoas interesadas en asistir deberán levar o seu computador persoal para traballar sobre os datos do seu aloxamento.
Por último, o xoves 12 pola mañá, impartirase o taller Blockchain, que é e para que serve. Será o primeiro dunha serie de catro obradoiros sobre temas de máxima actualidade, nel verase en que consiste a tecnoloxía de cadea de bloques e como grazas a ela estamos ante o que se chama o Internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da Rede. Este curso tamén será impartido polo experto Manuel Freire.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?