Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bertamiráns acolle o 11 de xaneiro unha conferencia sobre ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bertamiráns acolle o 11 de xaneiro unha conferencia sobre ciberseguridade

S. P.
Publicado: 10/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_portada_ciberseguridade.jpgO auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro mércores 11 de xaneiro unha charla sobre ciberseguridade e fraudes nas redes. Será ás 17:30 horas e dará continuidade á xeira divulgativa sobre a mesma temática celebrada en novembro na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro en dito municipio, cita que segundo lembra o Concello de Ames “logrou unha gran acollida entre a veciñanza”. Desta volta tamén está previsto clausurar (coa entrega de diploma a medio cento de veciñas e veciñas) os cursos do segundo módulo de alfabetización dixital nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño.
A conferencia está aberta a todos os públicos, e a entrada é de balde ata completar aforo.
A actividade vén da man do departamento de Cultura e desenvólvese de xeito paralelo aos cursos do segundo módulo de alfabetización dixital e aos que se imparten nas instalacións da aula AMTIC.
A charla abordará a manipulación e a desinformación na Rede, así como os principais fraudes asociados a isto: phishing (suplantacións de identidades co obxecto de conseguir diñeiro ou datos), compras en liña, anuncios vacacionais ou choios de segunda man.
O relator
O encargado de impartila será Nacho Álvarez, diplomado en Investigación Privada e graduado en Criminoloxía pola Universidade de Salamanca. Álvarez tamén está habilitado como xefe e director de Seguridade polo Ministerio de Interior, e conta coa habilitación de Instrutor de Seguridade.
Tras colaborar durante dous anos para a Secretaría de Estado de Igualdade nun programa de investigación sobre homicidios no contexto da violencia de xénero, no ano 2018 comezou a traballar en SIA como consultor de ciberseguridade, onde obtivo as certificacións de Auditor Xefe de Sistemas de Xestión de Seguridade da Información e como Auditor Xefe en Continuidade de Negocio. Actualmente, é responsable de formación e concienciación en ciberseguridade de Govertis – TelefónicaTech.
Cursos de alfabetización dixital no rural
Como dixemos, minutos antes da conferencia clausuraranse os cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural que se celebraron nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño. Nesta ocasión participaron arredor dunhas 50 persoas, que recibirán os seus diplomas de asistencia no acto que se celebrará na Casa da Cultura. Os cursos pretendían reforzar os coñecementos adquiridos polo alumnado na primeira parte da formación, que foi impartida o pasado ano. Ensináronse nocións sobre temas relacionados coa xestión de arquivos, a ofimática, o tratamento de imaxes, o correo electrónico, as redes sociais ou o uso de dispositivos móbiles.
Posteriormente, as persoas participantes en dito curso visitarán as instalacións da aula de informática de Bertamiráns (Aula CeMIT) para coñecela e seguir ampliando a súa formación informática nelas se así o desexan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?