Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma GaliciaLe confirma a súa tendencia á alza con case 135.000 préstamos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma GaliciaLe confirma a súa tendencia á alza con case 135.000 préstamos

S. P.
Publicado: 11/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciale-3.jpgA Rede de Bibliotecas de Galicia, formada por máis de 300 centros bibliotecarios públicos en territorio galego, pechou 2022 con case 1,6 millóns de préstamos, o que supón un incremento do 23% en relación ao ano anterior. Esta cifra coñécese o mesmo día que as bibliotecas celebran o Día do Usuario/a, que os centros conmemoran cunha ampla programación que inclúen visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos nos últimos meses.
Nos centros xestionados pola Xunta de Galicia relizáronse preto de 750.000 préstamos, o que supón un incremento do 5,6% en relación ao ano 2021. Así, segundo estes datos, en 2022 rexistráronse case 40.000 préstamos máis que no anterior exercicio nos centros Miguel González Garcés da Coruña, Lugo, Nós de Ourense, Antonio Odriozola de Pontevedra, Ánxel Casal de Santiago de Compostela e Juan Compañel de Vigo.
Á cifra de préstamos realizados de xeito presencial súmanse os case 135.000 feitos a través de GaliciaLe, a plataforma tecnolóxica de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Esta ferramenta, que ten por obxectivo “facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura”, confirmou á súa tendencia ascendente ao incrementarse a devandita cifra en 22.000 préstamos en relación ao pasado ano e nun 60% co período anterior á pandemia.
Os títulos galegos máis demandados en 2022 nas nosas bibliotecas foron Os Bolechas, de Pepe Carreiro, Leo con Bubela, de Colectivo Bubela, e O souto dos catro ventos, de María Oruña. Completan as primeiras posicións as obras Os nenos da varíola, de María Solar, autora galardoada co Premio Xerais o pasado ano, e A praia dos afogados do autor Domingo Villar falecido en maio.
En canto aos libros en castelán, os máis solicitados polos usuarios foron La bestia, coa que Carmen Mola gañou o Premio Planeta en 2021, La madre de Frankenstein, de Almudena Grandes, e Una historia ridícula, de Luis Landero, que obtivo o Premio Nacional de las Letras Españolas o pasado ano. Corazón tan blanco, do autor Javier Marías, falecido en setembro, e La señora March, de Virgina Feito, completan a listaxe dos títulos máis demandados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?