Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan no Grove unha aplicación móbil (Orcinus) para o rexistro en tempo de real de albiscamentos de candorcas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan no Grove unha aplicación móbil (Orcinus) para o rexistro en tempo de real de albiscamentos de candorcas

S. P.
Publicado: 11/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conselleria_mar_20230111_presentacion_app_avistamento_candorcas.jpgO noso coñecemento sobre as candorcas e os seus comportamentos, sobre todo en relación cos encontros con embarcacións e o risco que se pode derivar destas interaccións, vaise ver reforzado con varias ferramentas tecnolóxicas. A primeira, da que falamos este mesmo mércores 11 de xaneiro, é a páxina web lanzada pola coordinadora CEMMA, a páxina orcaiberica.org. A segunda é unha ferramenta móbil impulsada pola Consellería do Mar a través de Portos de Galicia, a aplicación Orciuns, desenvolvida polo centro de investigación especializado en grandes cetáceos Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove.
Este mércores presentouse esta última aplicación na vila arousá, poñéndose o foco nos seus obxectivos: trátase de facilitar o rexistro e difusión de albiscamentos de candorcas en tempo real co obxectivo de apoiar a seguridade na navegación e adiantándose a posibles interaccións con estes mamíferos mariños.
No deseño e materialización desta ferramenta traballaron como dixemos o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) do Grove, entidade investigadora experta en grandes cetáceos, e máis a asociación Proxecto Nautilus, que desenvolve o seu labor con estas especies no estreito de Xibraltar.
No acto participou a presidenta de Portos, Susana Lenguas, que lembrou que a app atópase xa dispoñible para a súa descarga e uso tanto en versión Android como iOS. Tamén interveu José Antonio Pérez Sieira, patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
O principal obxectivo desta ferramenta para telefonía móbil ou tabletas electrónicas, dixo Lenguas, “é contribuír a unha navegación máis segura ao permitir coñecer de antemán e tamén durante a propia travesía a presenza de candorcas en zonas xeolocalizadas previamente por outras embarcacións”. Deste xeito, engadiu, “preténdese aportar aos navegantes un novo instrumento para facer fronte a unha problemática relevante, especialmente para a náutica de recreo, como son os albiscamentos ou interaccións con candorcas rexistradas nos últimos anos”. Esta situación, apuntou Lenguas, xera certa preocupación na comunidade de navegantes, especialmente os de veleiros e embarcacións de menos de 15 metros, e ademais, engadiu, “está a repercutir na chegada de barcos en tránsito a Galicia desde o norte de Europa e o estreito de Xibraltar así como no conxunto da actividade do sector náutico-recreativo da comunidade”.
Na presentación explicouse que a nova app permite rexistrar en tempo real a presenza de candorcas e compartir esta información co conxunto da comunidade usuaria da aplicación. Polo tanto, achéganos a posibilidade de informar ao momento dun encontro con candorcas e acceder á información dos rexistrados xa, facilitando datos para unha mellor planificación da súa travesía.
“Calquera usuario pode darse de alta na aplicación e xeolocalizar candorcas na parte do mundo na que estea a navegar”, sinalaron, Eses rexistros son verificados polos responsables do mantemento da ferramenta, que se descarga de xeito automático no idioma no que está configurado o dispositivo do usuario e que emprega os mapas de Google do mesmo xeito para darlle carácter internacional
Susana Lenguas explicou tamén que a información xerada conformará unha base de datos (xestionada polo BDRI e Nautilus) para ampliar o coñecemento científico e estudar as pautas de comportamento destes animais así como establecer no medio prazo patróns e medidas eficaces para a convivencia coa náutica de recreo. “A creación dunha plataforma única de acceso universal e con datos contrastados aporta novas garantías fronte a afirmacións contraditorias ou aleatorias”, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?