Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Coruña instala unha nova marquesiña interactiva nos Castros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Coruña instala unha nova marquesiña interactiva nos Castros

S. P.
Publicado: 12/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marquesina_castros_interactiva.jpgO Concello da Coruña instalou os días pasados, no barrio dos Castros, unha nova marquesiña interactiva na parada que se atopa á altura da avenida da Pasaxe, 15. Esta nova estrutura financiouse nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Segundo informaron fontes do Consistorio, a nova marquesiña conta con información en tempo real das liñas de autobús urbano, notificacións sobre o tráfico da cidade e outro tipo de asuntos de interese para a cidadanía a través dunha pantalla.
Por outra banda, o dispositivo vén equipado con cámaras que inclúen sistemas baseados na Intelixencia Artificial, que, en palabras do Concello, “permitirán ter un control instantáneo do número de persoas que soben e baixan do autobús, de posibles incidencias na contorna, dos tempos de agarda ou de vehículos mal estacionados na parada”. O Concello disporá destes datos en tempo real para poder actuar e mellorar o servizo.
Ademais das pantallas informativas, dispón tamén dun módulo que permite ás persoas usuarias da tarxeta Millennium saber o saldo que teñen dispoñible. A contaxe de usuarios da parada aportará datos que permitirán ao servizo de Mobilidade coñecer en detalle o fluxo de viaxeiros para permitir melloras no deseño das liñas. A nova marquesiña súmase á tamén renovada durante o actual mandato no mesmo barrio, emprazada diante do ascensor que facilita, desde novembro do 2021, a accesibilidade á zona alta dos Castros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?