Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar converte en ilimitados os datos das súas liñas móbiles e elimina os límites de franquía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar converte en ilimitados os datos das súas liñas móbiles e elimina os límites de franquía

S. P.
Publicado: 12/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

movistar_datos-ilimitados.jpgMovistar comezou o ano anunciando que todas as súas liñas móbiles (agás as de prepagamento) pasarán a dispoñer de datos ilimitados. Deste xeito, a operadora suprime os cargos por superar a franquía de datos naquelas liñas que dispoñen dela e posibilita que cando aqueles se esgoten os clientes poidan agora seguir navegando “a unha velocidade máis reducida”, pero que permite, en palabras da compañía de telecomunicacións, “un uso razoable e suficiente da maioría de servizos da Internet”.
O devandito tradúcese en que xunto á voz ilimitada, todas as liñas de Movistar van permitir navegar a velocidade ultrarrápida 5G sen límite de datos e posibilitarán aos clientes “estar sempre conectados sen preocuparse polos posibles excesos de consumo”.
Movistar, a un nivel máis concreto, fixo saber que “aquelas liñas que dispoñan de franquía de datos, ao superarse a mesma, esta verase reducida ata os 2 Mbps”, que, en palabras da operadora “abonda para obter unha experiencia de uso razoable ao navegar por Internet e utilizar servizos de mensaxería ou de vídeo en streaming, entre outros”.
A maiores, a liña Ilimitada Plus permite “navegar sempre á máxima velocidade sen ningún tipo de limitación, apalancada sobre a cobertura 5G de Movistar”.
Por certo que a mellora non terá ningún custo e aplícase de forma automática desde do 11 de xaneiro a todos os clientes, tanto actuais como novos. O cambio é para os clientes de miMovistar, Fusión e Contrato Móbil.
Ademais da voz e os datos ilimitados, Movistar tamén inclúe Movistar Cloud. Permite un almacenamento ilimitado na nube en todas as liñas móbiles do cliente para “que poida gardar todos os seus arquivos, fotos, vídeos e documentos nun único lugar ou consultalos desde a aplicación incluída no decodificador de Movistar Plus”, explica a operadora, engadindo que se inclúe tamén o servizo integrado de Conexión Segura, “para navegarmos protexidos e con total seguridade tanto en dispositivos móbiles como na rede Wi-Fi do fogar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?