Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Tecnolóxico de Emprego celebrarase do 28 de febreiro ao 2 de marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Tecnolóxico de Emprego celebrarase do 28 de febreiro ao 2 de marzo

S. P.
Publicado: 12/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_foro_tecnoloxico_emprego_2-2.jpgA Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo acollerá entre o 28 de febreiro e o 2 de marzo a 23ª edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, encontro organizado polos estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía, feito este que marca a diferenza con respecto a outros eventos deste carácter no eido universitario nacional, segundo María Purriños Paz e Camilo Piñón Branco, coordinadora xeral e coordinador de comunicación deste ano.
Indo ao Foro en cuestión, unha das novidades desta volta será a maior presenza dos workshops, permitindo que se estendan ata a hora e media de duración, contando este ano co apoio de 40 colaboradores e colaboradoras. O Foro Tecnolóxico de Emprego segue a ter, logo de 23 anos de existencia, o mesmo alicerce que é o de crear pontes entre a universidade e o mundo laboral, servindo de orientación nos primeiros pasos da carreira profesional do estudantado. O evento, que nesta edición se celebrará de martes a xoves, introduce melloras nos procesos de organización interna indo á procura dunha mellor experiencia para os novos colaboradores, as empresas e o alumnado das escolas asistentes.
foro_tecnoloxico_de_emprego_uvigo_foro2.jpg E cales son os motivos para asistir a este Foro Tecnolóxico de Emprego? O máis salientable é que esta xuntanza pode converterse nunha primeira aproximación ao mundo laboral, achegándose a potenciais empregadores e empresas de diversos sectores da enxeñaría de Galicia no que os e as estudantes poden realizar prácticas, traballos de fin de grao, ou mesmo atopar o seu primeiro emprego despois da graduación. Asemade, pódense obter consellos de profesionais experimentados no ámbito da enxeñaría e establecer contactos, estas son outras razóns que dende a organización apuntan para asistir ao Foro; ás que engaden “a oportunidade de que o alumnado comece as prácticas soft skills, como son a comunicación en público ao interactuar coas empresas ou a creación do seu primeiro currículo e perfil de LinkedIn”, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?