Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve en abril a Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve en abril a Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo

S. P.
Publicado: 12/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escola_enxenaria_industrial_uvigo_robots1_2_.jpgDespois da paréntese de tres anos pola COVID, a Escola de Enxeñería Industrial (EEI) de Vigo recupera a súa Competición de Robots que chega este ano á súa sexta edición celebrándose o 21 de abril na dita EEI. Neste encontro de robots deseñados polo alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP. estrearanse as modalidades BE-ROBOT e DeMO-ROBOT, que substitúen ás tradicionais WALL-e e R2D2, amais de contar cun kit mellorado, o mBot 2, respecto aos de anteriores edicións, que achega máis posibilidades ás e aos participantes, que tamén disporán dalgunhas actividades para desenvolver nos centros de ensino, explica o director da EEI, Juan Pardo Froján.
Esta Competición de robots botaba a andar hai oito anos, co obxectivo de achegar a Universidade ao alumnado de ensino secundario e Bacharelato, amais de promover as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial, fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEM e polos estudos de enxeñaría.
Indo ao miolo da Competición de robots: Segue a liña ‘marchoso’ e Velódromo ‘mareante’ son as dúas probas que terán que enfrontar o alumnado de ESO e Bacharelato que competirá, en equipos de entre catro e seis compoñentes; na categoría BE Robot, na que terán que, no primeiro caso, dar unha volta completa a un circuíto marcado no chan o máis rápido posible, evitando todos os atrancos e, no segundo, completar o número de voltas no menor tempo posible a un recinto circular, no que tamén deberán sortear obstáculos formados por cilindros, situados nos extremos dos diámetros perpendiculares. Pola súa banda, o alumnado universitario e de FP, que participará na categoría DeMO-ROBOT en equipos cun máximo de seis integrantes, deberá facer fronte a catro probas: Rastrexo, Labirinto e Triplo ensaio con illa, todas elas individuais, e a unha proba colectiva denominada Sumo, na que un único robot aspira a quedarse no ring.
Os equipos que desexen participar na Competición de robots teñen de prazo deica o 30 de xaneiro para inscribirse, para o que deberán cubrir un formulario que atoparán na web da Escola. As prazas están limitadas a 156 equipos na categoría Be Robot, cun límite de 10 equipos por centros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?