Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica xa é socia tecnolóxica preferente do Celta no proxecto Galicia Sports 360
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica xa é socia tecnolóxica preferente do Celta no proxecto Galicia Sports 360

S. P.
Publicado: 12/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O director de Empresas de Telefónica España, Adrián García Nevado, e o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño
O director de Empresas de Telefónica España, Adrián García Nevado, e o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño
A operadora Telefónica formalizou este 12 de xaneiro un acordo co Real Club Celta polo que se converte en socia tecnolóxica preferente da entidade viguesa no proxecto estratéxico Galicia Sports 360 Factoría do Deporte Galego. O obxectivo do Celta é liderar a transformación dixital da industria do deporte en Galicia. A iniciativa foi cualificada pola Xunta de Galicia como “proxecto de interese autonómico” o pasado 10 de novembro.
O acordo sitúa a compañía de telecomunicacións nunha “posición privilexiada” fronte a outras empresas do sector para atender as demandas tecnolóxicas en infraestruturas, en servizos dixitais e en equipos ou metodoloxías de innovación coas que se dotará ás instalacións do complexo proxectado e aos profesionais.
O obxectivo do RC Celta é adecuarse “aos novos desafíos e formas de entender o deporte que a economía e a sociedade dixital están a impulsar, e que expoñen retos como a xestión dos equipos cos clientes dixitais, a dixitalización dos clubs ou o aumento de ingresos a través do digital business, para lograr ser máis competitivos”, explicaron dende a entidade deportiva viguesa. En virtude disto, o Celta cualificou a Telefónica como “o socio tecnolóxico ideal para acometer este reto”.
Pola súa banda, Telefónica salientou o carácter “estratéxico” deste proxecto e expresou o seu convencemento en que pode achegar “todo o seu potencial tecnolóxico” e “a súa capacidade de innovación” para converter a Galicia Sports 360 “nun proxecto de referencia no ámbito do sportech”.
A alianza ratificouse este 12 de xaneiro durante un encontro celebrado na sede central de Telefónica en Madrid entre a Dirección de Empresas de Telefónica España -Adrián García Nevado, Javier Vizcaíno Toscano e Santiago Tripero Oter-, e o presidente de RC Celta, Carlos Mouriño, a directora executiva (CEO) de Galicia Sports 360, Marián Mouriño, e Carlos Cao, director da área de Negocio de RC Celta, no que se asinou o acordo marco de colaboración.
Galicia Sports 360 é o proxecto máis relevante e ambicioso da historia do RC Celta. Contará cun investimento de ao redor de máis de 120 millóns de euros e unha superficie total de 300.000 metros cadrados en Mos (75.000 de superficie construída entre os que se atopa unha área multiusos de ata 10.000 espectadores ou un mini-estadio de ata 4.000 espectadores), que abranguerá diferentes liñas de traballo relacionadas co deporte: investigación e saúde, innovación e formación, lecer e multideporte ou fútbol e canteira, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?