Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COGAMI impartiu en 2022 cursos de capacitación dixital en media ducia de concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COGAMI impartiu en 2022 cursos de capacitación dixital en media ducia de concellos

S. P.
Publicado: 13/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

curso_de_cogami_en_boiro_de_administrativo.jpgA Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) fixo balance da actividade xerada ao longo do ano pasado en materia de emprego e integración profesional. Segundo fixo saber, preto da metade das persoas formadas a través da confederación (o 45%) en 2022 lograron a inserción laboral. Boa parte deste importante fito materializouse a través do plan de formación de COGAMI, un plan adaptado ás necesidades de cada alumna e alumno e, tamén, á realidade de cada vila ou cidade onde se desenvolven os cursos. Boa parte deles puxeron o foco nas novas tecnoloxías da información, que son, a día de hoxe, parte indispensable dos currículos. Desenvolvéronse en media ducia de concellos.
Ao longo de 2022, COGAMI impartiu 42 cursos dos que oito continúan durante o actual exercicio 2023. Un total de 368 persoas son as formadas pola confederación galega, 169 mulleres e 199 homes. De todas estas persoas formadas, o 45,6% logrou inserirse laboralmente ao longo do ano tras pasar por esta formación. “O balanzo nos resultados é moi positivo”, apunta Paco Abuín, coordinador da área de Formación de COGAMI, quen engade que “incrementamos o número de cursos e de alumnado con respecto ao ano anterior, que foi un ano de transición despois da situación máis crítica do COVID”.
Para poder desenvolver estes cursos, contouse co apoio financeiro da Administración Pública como a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o Ministerio de Educación e o Fondo Social Europeo, e tamén por organismos sociais como a Fundación ONCE e Fundación “la Caixa”.
No seu balance COGAMI tamén fai saber que destinou 4.907 horas á formación de persoas, coa finalidade de “dotalas de preparación para que acaden unha oportunidade laboral o antes posible”. Os cursos impartidos desenvolvéronse tanto en zona urbana como rural, sendo as zonas rurais de interese para COGAMI por “careceren de máis servizos que nas cidades”.
Os cursos que contemplou o programa formativo de COGAMI durante o ano 2022 e os concellos nos que se impartiron foron: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais en Cabana de Bergantiños; Competencia matemática en Vigo e Ourense; Xestión de almacén en Lugo; Comunicación en lingua castelán en Ourense e Vigo; Controlador/a de accesos en A Coruña; Alfabetización dixital en Boiro, Lugo, O Barco de Valdeorras, Viveiro e Pontevedra; 2 cursos de Condución de carretilla elevadora en Santiago; Atención ao cliente en Ferrol, Ourense e A Coruña; Limpeza, desinfección sanitaria en A Coruña; Operador ponte guindastre en Santiago; Comunicación en lingua galega en Vigo e Ourense; Acompañante de transporte adaptado en Vigo; Limpeza en superficies en Vigo; Almacén en Ourense; Carretilla elevadora en Ourense; Xestión de residuos urbanos en Lugo; Competencias dixitais en Vigo; Competencias clave en Vigo; Persoal de limpeza en Ferrol; dous Talleres traballando en dixital en Lugo; Curso de Carniceira/o en Lugo; limpeza hospitalaria en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra; Almacén e carretilla en Vigo; Conserxería e recepcionista en Marín; Recepcionista de oficina impartido na comarca do Salnés e o curso de Expendedor de combustible impartido en Cuntis.
Os cursos que iniciaron en 2022 e continúan durante o ano actual, todos eles AFD (accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), son de Actividades administrativas na relación co cliente en Ferrol, Cabana de Bergantiños e A Coruña; Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais en Santiago, Lugo e Pontevedra e de Competencias matemáticas N2 en Ourense e Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?