Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerocamaras amosa as posibilidades profesionais dos drons ante estudantes de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerocamaras amosa as posibilidades profesionais dos drons ante estudantes de Lugo

S. P.
Publicado: 13/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aerocamaras_drons_mino_rabade.jpgA empresa galega Aerocamaras aproximou a realidade dos drons, as súas posibilidades e funcionalidades presentes e futuras, ao alumnado do IES Río Miño de Rábade (Lugo). Fíxoo este venres 13 de xaneiro pola mañá a través dunha xornada teórico-práctica de introdución aos vehículos aéreos non tripulados onde as e os estudantes puideron coñecer as aplicacións profesionais destes dispositivos e cuestións máis concretas como a aplicación dos mesmos en escenarios de emerxencia e seguridade. Participaron estudantes da ESO e de Bacharelato tecnolóxico do dito centro docente.
lugo_aerocamaras_drons.jpg A xornada veu da man de Francisco Collantes, piloto de dron e responsable de servizos profesionais con drons en Aerocamaras. Durante o encontro falou das características e funcionalidades dos UAV (acrónimo en inglés de Vehículos Aéreos non Tripulados) profesionais, así como dos sectores laborais nos que se está implantando e dos organismos públicos que actualmente traballan con estes dispositivos. Ademais o experto compartiu cos alumnos como estes aparellos e os programas informáticos que os controlan poden ser útiles en catástrofes e situacións de emerxencia tales como o recente accidente dun autobús que caeu ao río en Cerdedo-Cotobade. En concreto, explicouse aos alumnos como empregando esta tecnoloxía foi posible solicitar datos moi precisos para crear unha fotogrametría da zona onde tivo lugar o sinistro. “Isto”, explicou o formador, “permite recrear en 3D o accidente e a súa contorna e será clave para extraer conclusións periciais e esclarecer o fatídico suceso”.
lugo_escolares_aerocamaras_drons.jpg Así mesmo expúxose o protocolo de actuación e intervención de drons en situacións de emerxencias e rescates, tanto terrestres como acuáticos: mediante voo de UAV con cámara térmica identificar se hai vítimas e en que situación están; asistir con dispositivo aéreo de carga se fose necesario e identificar as coordenadas para que os equipos terrestres teñan a localización e conciencia da situación con vistas a que poidan acceder co equipamento necesario; inspeccionar a contorna; efectuar o levantamento tridimensional da escena e do sinistro; e, por último levar a cabo a reconstrución do accidente en 3D para reproducir as condicións nas que se produciu.
Ao final do coloquio o alumnado mostrou interese pola profesión de piloto de dron como saída profesional e dos requisitos necesarios para dedicarse a este ámbito profesional. A xornada terminou cunha demostración do manexo de drons especialmente dirixidos para voos profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?