A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta cinco novas formacións online nesta semana que comeza o 16 de xaneiro, abeirados á súa carteira de obradoiros formativos ao servizo de pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como os uso das redes privadas virtuais (VPN), recomendacións para crear unha páxina web, mellora da produtividade, contido audiovisual e tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain).
Os obradoiros darán comezo este luns 16 pola mañá, no primeiro, a temática versará sobre ciberseguridade co experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. O obxectivo do obradoiro Ciberseguridade, o uso da VPN é o de fomentar o uso das redes privadas virtuais, por que se deben usar e de que forma protexen.
O martes 17 impartirase unha nova formación guiada pola licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, que dirixirá Consideracións previas para crear a túa páxina web un obradoiro no que se amosarán os primeiros pasos para crear unha web.
O mércores 18 haberá dúas accións formativas; pola mañá a licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, impartirá o curso Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II, para ensinar técnicas de produtividade e ferramentas que permiten transformar as tarefas. Na quenda de tarde o protagonista será a mercadotecnia en formato audiovisual. Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos e de Deseño Gráfico, explicará a como comezar a crear un contido audiovisual interesante, dinámico e fácil de compartir na actividade Videomarketing I – Contido audiovisual, a última tendencia.
Finalmente o curso do venres 20 de xaneiro, Blockchain e criptomoedas, pechará a semana lectiva. Con esta formación iníciase unha serie de obradoiros informativos relacionados coa tecnoloxía de cadea de bloques. Neste curso abordarase o tema das criptomoedas. A formación estará impartida, novamente, por Manuel Freire.
SmartPEME ofrece esta semana cinco novas accións formativas
Compartir Este Artigo

