Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O equipo ECRIM (UDC) colabora nun proxecto tecnolóxico contra o tráfico ilícito de bens culturais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O equipo ECRIM (UDC) colabora nun proxecto tecnolóxico contra o tráfico ilícito de bens culturais

S. P.
Publicado: 16/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxecto_rithms.jpgO equipo de investigación da Universidade da Coruña (UDC) Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM) participa en RITHMS (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security) un proxecto financiado pola Unión Europea. O dito proxecto ten como finalidade mellorar, con axuda das tecnoloxías máis innovadoras, a capacidade operativa das forzas policiais e as autoridades aduaneiras e fronteirizas para facer fronte ao tráfico ilícito de bens culturais, á vez que se investigan os mecanismos que subxacen a este fenómeno. Cómpre engadir que este proxecto está coordinado polo Istituto Italiano dei Tecnologia (IIT).
Indo ao miolo deste traballo, nel colaboran catro autoridades policiais, dúas axencias fronteirizas, unha academia de policía, empresas e institutos de investigación expertos no eido do Patrimonio Cultural e a tecnoloxía sobre sistemas integrados de telecomunicacións e protocolos de seguridade informática.
Deste xeito, RITHMS propón un enfoque interdisciplinario, necesario tamén polo carácter transnacional deste tipo de delincuencia, que incluirá dende análise do mercado da arte ata análises criminolóxicas, pasando por estudos xurídicos e forenses. O obxectivo é o desenvolvemento dunha plataforma baseada en intelixencia artificial que permita identificar redes de delincuencia organizada e achegue aos investigadores información sobre a súa actividade máis evolución. Así, a plataforma explotará o potencial da Análise de Redes Sociais (ARS), unha metodoloxía que permite comprender mellor o comportamento das persoas implicadas no tráfico ilícito a través das súas reaccións e interaccións en liña.
Engadir que o proxecto recibiu un financiamento de cinco millóns de euros da Unión Europea, con cargo ao Programa de Investigación e Innovación Horizonte Europa. A coordinadora do proxecto é Arianna Traviglia, Directora do Centro de Tecnoloxía do Patrimonio Cultural do IIT en Venecia (Italia).
Indo ao equipo galego da UDC, dicir que está liderado pola catedrática Patricia Faraldo, quen vai encargarse das análises criminolóxicas sobre esta tipoloxía de tráfico ilícito, así como de supervisar os aspectos ético-sociais que implica o uso dunha intelixencia artificial para a investigación criminal.
A lista de socios inclúe: Istituto Italiano dei Tecnologia (Italia, coordinador); StAG srl (Italia); VTT – Technical Research Centre of Finland (Finlandia); European Software Institute – Central Eastern Europe (Bulgaria); RiniGARD DOO ZA USLUGE (Croacia); Houston Analytics (Finlandia); BEIA Consult International srl (Romanía); SatCen – European Union Satellite Centre (España); Universidade da Coruña (España); Hochschule für dean öffentlichen Dienst in Bayern (Alemaña); European Institute Foundation (Bulgaria); o Comando dos Carabinieri para a Tutela do Patrimonio Cultural do Ministerio de Defensa italiano; a Brigada de Patrimonio Histórico da Policía Nacional española; a Policía Nacional dos Países Baixos; a Policía de Fronteiras de Bulgaria; a Policía de Moldavia; a Policía de Fronteiras de Bosnia e Hercegovina. Tamén participa como entidade afiliada a asociación Art Crime Project-APS (Italia) e Conceptivity sarl (Suíza) como asociado.
O proxecto RITHMS conta cunha web e un perfil en varias redes sociais como LinkedIn e Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?