Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios I-Comercio distinguen dúas aplicacións móbiles para xestionar as nosas hortas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios I-Comercio distinguen dúas aplicacións móbiles para xestionar as nosas hortas

S. P.
Publicado: 16/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230116ideacomercio1.jpgSantiago acolleu este luns 16 a entrega de premios do certame I-Comercio. Idea o teu comercio, iniciativa do Goberno galego destinada a mostrar e reivindicar entre as novas xeracións a importancia do comercio de proximidade e os seus retos, moitos deles tecnolóxico-dixitais. Participaron máis de 700 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO de 50 centros educativos das catro provincias. Na cita de luns fixeron acto de presenza o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o de Cultura e Educación, Román Rodríguez. Premiáronse iniciativas innovadoras e transformadoras como unha aplicación móbil que nos axuda a ter a nosa propia horta e vender os excedentes cultivados; ou unha ferramenta para todo tipo de dispositivos que nos permite controlar o noso regador automático.
20230116ideacomercio8.jpg Premios por modalidades
Os premios Idea o teu comercio! artelláronse en modalidades con tres equipos gañadores en cada unha delas, que recibiron un diploma acreditativo para cada estudante participante e unha pantalla interactiva para o centro educativo.
-Na primeira categoría, na que había que idear novos proxectos relacionados coa alimentación e artigos de primeira necesidade, resultaron premiados o IES San Paio de Tui, co proxecto Verdemiño, unha aplicación móbil que axuda a ter unha horta propia, así como a vender os excedentes cultivados, ademais dun espazo onde cultivar por encargo sementes propias; o IES Primeiro de Marzo de Baiona, co proxecto Agrobai, un espazo onde os agricultores da contorna poden levar os seus produtos e o consumidor pode adquirilos; e o IES Carral, co proxecto Pandireta, empresa que pretende achegar o pan de Carral a todos os puntos de España.
-No que respecta á categoría dedicada a proxectos relacionados co mundo da arte, a cultura, o entretemento, a tecnoloxía e a innovación, resultaron premiados o IES Isaac Díaz Pardo de Sada, cun centro comercial formado por tendas e produtos 100% galegos; o IES Tomás Terrón Mendaña, de Carballeda de Valdeorras, coa aplicación móbil Autorrego, innovador regador automático que se controla a través dunha ferramenta para dispositivos; e o IES Auga da Laxe de Gondomar, que ideou unha tenda de deportes na que nun só espazo se pode mercar patíns e deslizarse pola pista.
-Por outra banda, na categoría de téxtil, complementos, fogar, bricolaxe e xardín, o xurado recoñeceu o traballo do IES As Insuas (Muros), coa iniciativa Rustics Heat, de accesorios artesanais fabricados con materiais reciclados das costas galegas; o IES Virxe da Cela de Monfero, co proxecto Flowers Coruxou, de prendas sustentables con estampados de figuras icónicas como os toxos, os grelos ou as ortigas, e o IES Coruxo de Vigo, con Golden Fashion, unha tenda na que deseñar, personalizar, remozar ou reciclar a roupa.
muros_heat_20230116ideacomercio6.jpg

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?