Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae Consultores móstranos como resolver conflitos na nosa empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae Consultores móstranos como resolver conflitos na nosa empresa

S. P.
Publicado: 17/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conflito_laboral_empresa.jpgA consultora tecnolóxica Vitae vai achegarnos esta tempada unha actividade formativa para axudarnos a garantir o mellor ambiente de traballo posible na nosa empresa. Trátase do Curso Resolución de Conflitos, que se desenvolve a través do formato de aula virtual os días 14, 15 e 16 de febreiros. Ao longo de nove horas de formación, mostraranse exemplos concretos de problemáticas laborais e amosaranse xeitos de evitalas e resolvelas, ao tempo que se resolverán boa parte das preguntas que nos asaltan ao tratar a cuestión dos conflitos laborais.
“Este seminario”, informou a consultora galega Vitae, “pretende facer un percorrido sobre os elementos máis importantes do conflito, sendo o seu obxectivo principal axudar aos participantes a entender e xestionar mellor os desencontros persoais ou profesionais que deban abordar no seu día a día”.
O seminario, de nove horas de duración, basea o seu alicerce tecnolóxico nos conceptos de Formación Activa e Student Centred Learning. “Ambas estratexias pedagóxicas”, engade Vitae, “requiren da participación activa do estudante como método de aprendizaxe baixo as instrucións do formador, cuxo rol é o de dinamizador, impulsor de criterio e de significado e significantes”. Noutras palabras, “o grao de aprendizaxe do alumno dependerá da súa implicación persoal activa no proceso”.
Os obxectivos concretos do curso son os seguintes:
-Dotarnos dun rol de liderado e proactivo na resolución de conflitos.
-Mellorarmos a eficiencia e a eficacia persoal e organizativa e xestionar mellor os desencontros entre membros do noso equipo.
A persoa encargada de impartir o curso será Javier Rovira, licenciado en Dereito e Administración de Empresas polo ICADE, mestrado en Dirección Xeral polo IESE e Doutorado en Economía de Empresa (DEA pola Universidade Rei Xoán Carlos). Foi profesor da ESIC Business & Marketing School e é socio director de Know How NP, consultora especializada en estratexia de innovación e desenvolvemento organizativo, tendo unha dilatada experiencia en diferentes sectores. Foi director xeral de González Byass, director xeral de Neck & Neck, conselleiro delegado de Sabelma, director de Laboratorios Babé e director de Marketing e Desenvolvemento Estratéxico de Bebidas Pepsico. Coo consultor e formador traballou con empresas como Microsoft, Terra, Monsanto, Prisa, Axencia Tributaria, Telefónica, RENFE, Dell España, Lucent, El Corte Inglés ou Porche-Saab España, entre outras moitas. Ten no seu haber unhas 10.000 horas de consultoría e unha bagaxe formativa de máis de 5.000 profesionais e directivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?