Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e AGALURE organizan unha xornada sobre a adicción aos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e AGALURE organizan unha xornada sobre a adicción aos videoxogos

S. P.
Publicado: 19/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gamer_gaming_videoxogo.jpgA Deputación da Coruña organiza xunto a AGALURE unha actividade de divulgación e sensibilización para fomentar o uso responsable, racional e seguro das novas ferramentas e produtos de lecer dixital. Trátase da xornada Videoxogos como adicción. Como detectar, tratar e previr a adicción os videoxogos, que se celebra este venres 20 de xaneiro na sala Juanjo Gallo da sede central do organismo provincial.
deputacion_coruna_agalure_xornada_videoxogos.jpgA actividade responde ao interese compartido polas entidades organizadoras a prol dun “uso racional das novas tecnoloxías e no perigo real do abuso nos videoxogos”. E engaden: “Cada ano aumentan os casos de menores que pasan moitas horas diante dunha pantalla polo que este tipo de accións deben servir para visibilizar o problema e poñer as ferramentas necesarias para previlo e abordalo”.
Ás 10.00 horas celebrarase a presentación das xornadas e o relatorio de Daniel Loren, gamer e experto en videoxogos, que expoñerá o relatorio Rumbo á adición e o estado actual da industria do videoxogo e a súa influencia no usuario.
Sobre ás 11.00 horas comezará o relatorio de Ana Estévez, profesora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicológico da Universidade de Deusto, que explicará A fronteira entre o trastorno de azar e a adicción aos videoxogos. Tras unha pausa para o xantar, Ramón Peña, formador do Plan Director da Garda Civil de Lugo, comezará a súa exposición sobre a historia e prevención destas novas adiccións.
E finalmente, Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC, falará do Impacto das TRIC na adolescencia.
A Deputación da Coruña puxo en marcha iniciativas nos últimos anos, conxuntamente con AGALURE, para abordar as adiccións sen substancia coma a dos xogos de azar tratando de chegar directamente ao público obxectivo, á mocidade, a través de charlas en centros educativos e das canles de comunicación que máis empregan. “A adicción aos videoxogos afecta a menores na súa grande medida e o tempo de latencia para adquirir a dependencia é moi inferior que no pasado”, sinalan dende as dúas entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?