Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra achéganos catro playlists para coñecer a historia das mulleres de cidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra achéganos catro playlists para coñecer a historia das mulleres de cidade

S. P.
Publicado: 24/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontevedra_playlists_.jpgO Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Memoria Histórica, ampliou co inicio do novo ano os horizontes tecnolóxicos do programa A Memoria das Mulleres, co obxectivo de “seguir afondando na visibilización do pasado e o presente feminino”. Fíxoo actualizando e completando, na web dogrisaovioleta.gal, a información de catro roteiros urbanos en formado playlist centrados na historia das mulleres de Pontevedra. Estes paseos veñen de ser postos a punto con novos mapas e versión de texto e audio, facilitando así o acceso a todo tipo de públicos. Ademais, estes audios tamén se atopan dispoñiibles en versión podcast a través das plataformas iVoox e Soundcloud.
O concelleiro Xaquín Moreda explicou que se trata dun xeito alternativo e enriquecedor de “coñecer a cidade ao tempo que se camiña por ela”. Tamén indicou que “se ben os roteiros contan con información escrita, e tamén existe un mapa físico que axuda a saber onde están os principais puntos de interese en relación co programa da Memoria das Mulleres, tamén é posible facer uso destes audios para vivir outra experiencia máis cómoda ou particular, ao tempo que aumenta a accesibilidade”.
Os catro roteiros son os seguintes:
– Roteiro sobre as mulleres represaliadas de Pontevedra (deseñado por Montse Fajardo)
– Roteiro Mulleres en San Amaro. Percorrido feminino polo Cemiterio Municipal(deseñado por Etnoga)
– Roteiro Pontevedra en feminino (deseñado por María Xesús López Escudeiro)
– Roteiro da Moureira. O río, o mar e as mulleres (deseñado por Etnoga)
Desde a concellería de Memoria histórica lembran que este formato audio tamén pode “resultar útil” para ser engadido ou utilizado nos centros educativos da cidade, como ferramenta de divulgación entre a rapazada para unha dinamización das clases, entrando dentro das progamacións didácticas. É posible consultar toda a información completa de cada roteiro na devandita web dogrisaovioleta.gal..
Nado no ano 2013, da man do Concello de Pontevedra, o proxecto A Memoria das Mulleres ten como finalidade “construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?